Luar na Lubre, Susana Seivane, Cristina Pato, Na Lúa e LeilÃa son os intérpretes que da man da Obra Social da Fundación Caixa Galicia ofrecerán 26 concertos polas vilas galegas. Trátase da cuarta edición do programa “As Nosas Músicas” que este ano presenta unha novidade, a inclusión dun grupo estranxeiro, os escoceses Capercaillie. E falando de música, temos que a Universidade de Santiago e a de Vigo, en colaboración coa discográfica Sons Galiza e varios concellos, acaban de presentar dous discos: un colectivo que reúne o traballo dos grupos finalistas do certame “Campus Sons. Rock Universitario Galego”, e outro individual, o dos composteláns “Rever” que foron os gañadores do concurso.
Máis información sobre o ciclo “As Nosas Músicas” no web da Obra Social de Caixa Galicia e sobre o certame Campusons no xornal da USC