O festival itinerante “As nosas músicas” chega á sexta edición programando máis concertos

Chegan as músicas

3/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Naceu en 2001 co compromiso da Fundación Caixa Galicia de achegar o máis destacado da música galego-portuguesa polo noso país. Agora, seis anos despois “As nosas músicas” medra en número de concertos. En total 41 concellos das catro provincias poderán gozar da música de grupos históricos como Treixadura ou Mercedes Peón, proxectos novidosos e afianzados como Marful ou Lamatumbá, e este ano, como novidade, están os barceloneses “The Unfinished Simpathy”.

Máis información no web da Fundación Caixa Galicia e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia, Caixa Galicia, Mercedes Peón, Marful...