Pilar Buela con Ácaros Verdes en lingua galega; Carlos Fuentes con La silla del águila en lingua castelá e Middlesex en lingua estranxeira son os tres gañadores do premio San Clemente. Un certame que ten a súa principal peculiaridade en que son os propios alumnos os que deciden aos gañadores que reciben un premio dotado con 3.000 euros. Este ano o xurado estivo formado por alumnos de institutos de Lalín, Burela, Ourense, Boiro e Santiago.
Máis información sobre os gañadores en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, mira a ficha do libro de Pilar Buela en lg3 e consulta o procedemento no noso tema