Manuel Veiga gaña o Premio Xerais 2004 e Ramiro Fonte e Manuel Caamaño levan o Losada Diéguez

Xerais Diéguez

"O exiliado e a primavera" é o título da novela coa que Manuel Veiga gañaba o pasado sábado o premio Xerais de Novela, dotado con quince mil euros. No mesmo acto Xesús Manuel Marcos facíase cos sete mil quiñentos euros cos que está dotado o premio Merlín de narrativa infantil e xuvenil por "O brindo de ouro". No mesmo día entregábanse en Moldes (Ourense) os premios Manuel Losada Diéguez, que foron para Ramiro Fonte no apartado de creación literaria pola obra "Os meus ollos" e para Manuel Caamaño polo seu estudo "As construcións da arquitectura popular, patrimonio etnográfico de Galicia" na sección dedicada á investigación.

Máis información en Galicia Hoxe sobre os premios Xerais; entrevista con Manuel Veiga no web de Xerais ; sobre os Losada Diéguez en Galicia Hoxe