Mondoñedo recordará este mércores as dúas décadas sen Alvaro Cunqueiro

Vinte anos máis

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Este mércores Mondoñedo vestirase de gala por unha doble celebración. Por unha banda o vixésimo cabodano e, pola outra, o noventa aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Un feito que todos: políticos, literatos e a fundación que leva o seu nome non quixeron deixar pasar de largo e para o que teñen un programa de actos ben completo.

Para comezar

Ás once da mañá, cunha ofrenda floral diante da tumba do escritor dará comezo ó programa de actividades na honra de Álvaro Cunqueiro. Uns actos conmemorativos que levan o nome de "Mil primaversa máis" e que organizaron a Fundación Álvaro Cunqueiro Mora, a Consellería de Cultura e Educación e a Deputación de Lugo. Ese mesmo mércores haberá tamén no salón de plenos do Concello de Mondoñedo unha xornada de lectura pública da obra "Merlin e familia"; así como unha exposición de María Jesús Reboredo e a ruta turístico-cultural "A Cidade de Cunqueiro. Unha exposición que pretenden percorrer a vida e a obra do escritor mindoniense. O programa inclúe actos ata o 22 de decembro, día no que se celebra o nacemento do escritor mindoniense.

Sobre Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911- Vigo, 1981) é unha das figuras máis relevantes do panorama literario e xornalístico galego. Comezou estudiando Filosofía e Letras, que deixaría polo xornalismo. Unha profesión que descubreu como colaborador do diario vigués "El Pueblo Gallego", que o levaría posteriormente ó "ABC", "La Noche" e ó "Faro de Vigo" (diario do que sería director). Escritor de prosa e verso e de textos dramáticos Cunqueiro, gran exaltador da gastronomía, combinou a realidade coa fantasía, a deformación do tempo e do espacio, como se dunha lente pirandelliana se tratase. E estas foron, unidas ó humor ó lirismo e a recorrencia continua ós mitos algunhas das claves do seu bo facer que fixeron de obras como " A noite vai coma un río", "Escola de menciñeiros" ou "Xentes de aquí e acolá" libros claves dentro do panorama da lingua e da literatura galega.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Literatura, Filosofía e Letras, Educación...