Fina en Lugo Henrique Alvarellos, músico, editor e escritor

Deica logo, Henrique

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A cultura lucense está de loito. Onte falecía no Hospital Xeral de Lugo o polifacético Henrique Alvarellos Iglesias. Fundou en 1977 a Editorial Alvarellos, unha das máis antigas do país e hoxe especializada na edición de facsímiles. Como escritor foi o autor da única historia das Bandas de Música de Galicia e como músico fundou o Orfeón Xohán Montes, ademais de ter realizado algunha composición. O funeral terá lugar hoxe xoves, ás 16:30 na parroquia luguesa de Santiago-A Nova.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Henrique Alvarellos, Lugo, El Correo Gallego

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares