Un investigador da Universidade de Vigo recibe un premio internacional sobre procesado de voz

Converter a voz en texto

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
O pasado mes de maio, Luís Pérez Freire, investigador da Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo foi a Montreal a presentar un artigo sobre procesado de voz. E ese traballo acaba de ser premiado co Spoken Language Processing Student Grant, que concede o Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos e que ten carácter internacional. O traballo insírese nun proxecto chamado TRANSGRIGAL que consiste na transcrición automática da voz en texto dos informativos televisivos, que logo permite a análise e clasificación dos seus contidos.

Máis información no Duvi, Diario da Universidade de Vigo

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo

Claves

Lugares