Comeza a conta atrás. O DÃa das Letras Galegas está á volta da esquina e institucións, asociacións culturais e medios de comunicación preparan as súas tarefas para homenaxear a XoaquÃn Lorenzo, “Xocas”. A Real Academia Galega prepara os actos que celebrará en Ourense, o Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración co Instituto RosalÃa de Castro unha exposición e a presentación de tres publicacións. E de libros vai tamén as actividades previstas pola ConsellarÃa de Educación e La Voz de Galicia que repartirán libros de Xocas polos centros escolares e sociais. E máis libros en Pontevedra, onde o Movimento Defensa da Lingua organiza o primeiro “bookcrossing” masivo de Galicia. Culturagalega.org ten preparado un especial no que podes escoitar ao propio Xocas falar sobre o seu traballo e as súas pescudas, asà como baixar ao teu ordenador libros e coñecer máis sobre o homenaxeado nesta edición.
Máis información sobre o reparto dos libros da ConsellarÃa de Educación en La Voz de Galicia, sobre o Bookcrossing neste web e consulta o noso especial