Continúa a primavera e vida estoupa tamén en Anxos... de Garda. Nacen gatos, agroman flores, chove de repente e xorden namoros con músicos mentres recende a lavanda. Tamén pola banda máis difícil da vida, aparecen cousas que se queren esquecer. A nosa edición fin de semana achega as súas novas experiencias vitais e creacións literarias onda outro dos encrucillados que nos ofrece Paulino Novo. Para se evadir, para se encontrar, para descansar.
