Calquera lugar é un bo espacio para plantar setas. Pero non fai falla que teñamos unha eira ao pé da casa, senón que no salón ou na cociña, entre a vitrocerámica e o lavalouzas, podes plantar un “saco de setas”. Unha oportunidade que producir e comer setas na casa de xeito ecolóxico e natural que unha empresa pontevedresa, “Hifas da terra” converte nun dos seus productos estrela da súa variada oferta.
Hifas da terra toma o seu nome da propia natureza. Como figura no seu sitio web, unha “hifa” é unha serie de filamentos celulares que medran por dentro do sustrato dos fungos e que se van enroscando sobre outras constituÃndo un novelo que se chama micelio.
¿Que é?
Resulta evidente que Hifas da terra é unha empresa que se encarga das setas, pero non só da súa produción, senón que vai máis alá. A xerente e promotora da iniciativa, Catalina Fernández concreta que Hifas é un proxecto moi amplo, “é unha empresa dedicada a micoloxÃa desde a proteción de cogomelos do monte, tanto do cultivo do fungo, como a colleita e a potenciación da produción de cogomelos silvestres no monte para o que traballamos con viveiros micorrizados, é dicir, vendemos fungos que se van introducir na raÃz e que fai que a planta naza máis forte, e producimos cogomelo ecolóxico (desde a produción á distribución). Pero tamén facemos diversos tipos de proxectos a nivel ambiental de restauración paisaxÃstica, para o que temos o departamento de medio ambiente e traballamos todo o que teña que ver coa produción de cogomelos, do castaño e da castaña”. É dicir, Hifas non só controla o ciclo completo da produción das setas, senón que realiza ademais tarefas de reconstrución ambiental e aulas didácticas para todo tipo de públicos.
Primeiro: produción
Desde que naceu a empresa hai dous anos, os seus criterios de traballo mantivéronse sempre dentro dos principios de vida ecolóxico, ademais da necesidade de manter un desenvolvemento sostible. E para iso, comenta Catalina, “puxemos en marcha un laboratorio, unha zona de produción, manipulación, un invernadoiro de cultivo, un viveiro de planta de castiñeiro hÃbrida e dúas oficinas”. Situadas nunha casa restaurada de 1937, serven de centro exportador da súa variada gama de productos que se poden atopar desde as propias tendas especializadas en agricultura ecolóxica, na tenda da súa páxina web (que en breve se remodelará para poder comercializar máis productos) e a través de redes de supermercados que ofrecen productos ecolóxicos.
Catalina enumera os “productos da liña ecolóxica, nos que temos salsa de ostra en conserva, cogomelos silvestres, boletus deshidratados (cogomelos silvestres deshidratados), espuma de castaña perada e conxelada”. Pero tamén teñen claro que o consumidor de productos de “Hifas” non é só o que consume cogomelo no fogar ou no restaurante, senón tamén de productos menos inmediatos. Por exemplo, venden inocuo de planta de castiñeiro e sementes de fungos, feitas en laboratorio ben para viveiros, ben para particulares, ben para comunidades de veciños que precisen facer unha replantación.
Segundo: reconstrución
Ademais da venda de productos fÃsicos, hai quen recorre á empresa solicitando asesoramento e traballos de recuperación do medio. E Hifas, que conta entre o seu equipo de traballo con biólogos e enxeñeiros forestais e de montes, están levando a cabo a recuperación vexetal paisaxÃstica das illas de San Simón e San Antón.
“Tratase dun proxecto que financia a Xunta, segundo explica Catalina, e no que estudiamos a vexetación das illas e para logo levar a cabo unha serie de actuacións de urxencias, como cortar polas e facer que fose seguro para traballar alà (para evitar problemas de accidentes). Agora estamos acometendo o deseño definitivo de todo o proxecto dos xardÃns das dúas illas que forman o conxunto”. Pero non é a única fronte que manteñen aberta, desenvolven traballo de recuperación e minas abandonadas con plantas micorrizadas (con raÃces máis fortes que axuden a evitar escorregamentos de terra) e algún que outro traballo para Meirama. Pero o máis innovador é que, segundo explica Catalina, “temos os primeiros viveiros de piñeiros, eucaliptos, castiñeiros de España que ofrece planta micorrizada, e isto quere dicir que levan o fungo no seu raÃz para que cando se trasplanten ao chan definitivo esas plantas asenten moito mellor, van estar máis fortes contra calquera tipo de pragas, van producir máis madeira e cogomelos cando sexan plantas adultas”. Todo un proxecto pioneiro que lle acaba de abrir novas vÃas de negocio con viveiros franceses e italianos aos que lle facilitan o inoculo.
Terceiro: educación
E “Hifas” completa o seu proxecto de recuperación do medio con cursos de educación ambiental que organiza con certa frecuencia. O máis demandado, explica a xerente, é o de micoloxÃa que axuda a recoñecer as setas silvestres. E todo dentro do mesmo lema “cultivamos o mundo micolóxico”, porque por unha banda cultivan á xente por outra os cogomelos.