En, con, por e para a crise. As situacións de conflicto son os eixes sobre os que gravita a terceira edición do IFI, o Festival Internacional de Novas Tendencias de Galicia que comeza hoxe en Pontevedra. Por diante quedan tres dÃas nos que a esencia e a filosofÃa de todas as cousas será a crise. ¿Queres saber cómo se agudiza a imaxinación cando se pon a proba? Descúbreo en Pontevedra.
"O lema (Ifi en crise) partiu como un reflexo do estado propio do festival porque chegamos nun momento de crise, e quixemos que esa crise fose como un rexurdir”. Quen fala é Lisi, encargada de prensa e de documentación da terceira edición do festival e unha das novas incorporacións logo dos cambios internos na organización.
As orixes
O IFI comezou da man dos colectivos Sinsalaudio, Flexo e a Facultade de Belas Artes que pretendÃan, como mÃmese de festivais coma o Zeppelin (de Barcelona) e o Sónica (de Sevilla) crear un evento que fose o referente no noroeste peninsular das novas tendencias. Logo da segunda edición, algúns integrantes dos colectivos como Chiu Longina e Horacio González decidiron continuar cos seus proxectos persoais que ocasionou que o Ifi entrase nunha etapa de crise, na que se chegou a cuestionar a súa continuidade. Foi o momento no que algúns dos colaboradores adquiriron máis protagonismo e foron encarando a organización do Festival. E como de todo se aprende, quixeron darlle a volta á situación e facer do problema, unha forma creativa. De aà o lema “Ifi en crise”. Polo demais, explica Lisi, “o festival ten a mesma estructura que todos os anos: instalacións, performances, concertos, música, exposición, talleres informativos, conferencias e un ciclo de cine documental”.
A crise
Centrándonos no tema deste ano, Lisi aclara que “a crise ten un abano moi amplo de interpretación porque pode ser algo moi alegre, non ten porque ser negativo e destrución”. E, entre os proxectos recibidos para as performances hai propostas para todos os gustos: belicismo, catarse, reflexión..... Por exemplo, explica Lisi “Cristoph Draeger (que se integra dentro da parte dos artistas) ofrece un vÃdeo de temática bélica sobre un ataque terrorista de 1972; logo hai unha instalación que é un receptáculo cadrado en forma de cubo cunha rede metálica no que a xente pode coller un prato e tiralo, como unha forma de desafogarse; ou o traballo de Carlos Latorre que vai facer deformacións do fÃsico e presentará unha exposición con imaxes de fotomatón nas que se deforma a si mesmo”.
O novo e o que caeu
O evento inaugura este ano o “Ifi extensible” que non é máis que un proxecto para estender algunhas das actividades en diferentes localidades de Galicia e de Portugal. En Santiago (no CGAC desde o 1 até o 8, en horario de 11:00 a 20:00 horas) e na Coruña (no Museo de Belas Artes desde o 4 ao 8 de 10:00 a 20:00 horas) hai programadas proxecións das videocreacións elaboradas polos alumnos de Belas Artes, mentres que o Marco de Vigo acolleu durante a fin de semana pasada performances e actuacións de grupos (Cleaning Women e Niobë).
Polo demais, este ano houbo en Portugal unha presentación da terceira edición do Ifi, que non é máis que un preámbulo, segundo explica Lisi, do que haberá o ano que vén, cando se pretenden levar actuacións a algunha localidade lusa e a Asturias. En boa parte algunhas desas actividades e outras que estaban previsto para este ano pretenden evidenciar que non é un certame circunscrito a un espazo e a un tempo limitado, pero que non se puideron levar a cabo. E entre os problemas que contou esta edición, ademais da organización, están os de sempre, os económicos. “O programa inicial, de outubro do ano pasado, comenta Lisi, era de 80.000 euros, pero pouco se parece ao que hai hoxe en dÃa”. Algunhas das actividades previstas como o “Ifi virtual que permitirÃa seguir o festival por internet a tempo real, o foro e algúns dos talleres” non se realizarán ao final.
¡Que comece a festa!
Esta tarde ás 18:00 Die Audio gruppe será o encargado de abrir o festival, seguido de Joseba Irazoqui (20:00), Belén Vidal (23:00), Cleaning Women (24:00) e Aino (01:00) conforman o cartel do primeiro dÃa. Unhas actuacións que completarán as instalacións e accións que comparten espazo fÃsico coas tendas e zona relax (que contará coa actuación dun dj constantemente). E para pechar o evento Dj Rupture (22:00), Explosión in the sky (24:00), Acid Pauli (1:30), e os djÂ’s Fc Shutle(3:00), Hometrainer(4:00) e Expander (5:30), que poderás ver por 6 euros en venda anticipada ou 8 na billeteira, no que é a única entrada de pagamento do festival.