Profesores da Universidade de Vigo analizan as interferencias da fala

Informatizando as conversas

Anxo Lorenzo, Fernando Ramallo e Xoan Paulo Rodríguez son profesores da Universidade de Vigo que, xunto con cinco bolseiros e un número indeterminado de estudiantes de Filoloxía levan anos analizando a fala cotiá que se produce en Galicia. Un interese que xurdeu nos anos 90 co que pretenden identificar e xustificar as interaccións lingüísticas entre o galego e o castelán en diferentes zonas de Galicia.

Os inicios



A iniciativa de traballar coa fala real comezou a espertar o interese en Galicia nos anos 90. Dende entón tres profesores da Área de lingüística xeral da Universidade de Vigo, Anxo Lorenzo, Fernando Ramallo e Xoan Paulo Rodríguez comezaron a desenvolver un proxecto que pretende crear un corpus informatizado que recolla tódalas interferencias de tipo lingüístico que se dan en Galicia. Un proxecto que servirá para múltiples investigacións que definirán porque se producen as interferencias da fala. O proxecto leva xa bastante tempo en marcha e atesoura xa 400 cintas con 250 horas de grabación co que tñen recollidas diferntes estilos conversacionais. Polo demais, teñen mostras en sete cidades en múltiples zonas rurais, pero os seus promotores establecen que prexisan de completar zonas ou partes de Galicia.














Como se fai



O proceso de investigación consta de tres fases. A primeira delas supón unha transcripción das conversas grabadas, recollendo grupos fonéticos, fónicos, entoacións.... Un traballo para o que empregan o programa informático Clan, que se inclúen no programa europeo Lides, que ten como cometido transcribir conversas bilingües e introducen a súa codificación. A segunda parte automatiza datos en formato electrónico que recolle a transcrición e a onda sonora que posibilita a identificación e localización dos recursos. En terceiro e último lugar analizarase o material transcrito e identificado.




No futuro e noutros lados



O proxecto que se desenvolve dende a Universidade de Vigo non é un proxecto illado, senón que desenvolve enlaces con outros que se están a dar en diferentes lugares. De feito, manteñen contactos cun departamento da Universidade Autónoma de Barcelona. Ademais manteñen xuntanzas con outros equipos do mundo, estiveron en Lancaster e dentro duns meses un grupo de tres persoas irá a Bristol para participar noutro simposio sobre bilingüismo. O cometido final é o de desenvolver unha grande base de datos que permita estudiar a interacción das linguas como o inglés-galés, bretón-francés, ou francés-alsaciano, comparándoo co caso galego-castelán.