A Fundación dos Medios da Caixa de Aforros de Leipzig, Alemaña, entregou onte a Bieito Rubido, director de “La Voz de Galicia”, o premio á liberdade de expresión que esta entidade outorga cada ano. A caixa alemá considera que a cobertura desenvolvida por este xornal durante a crise do Prestige demostrou “o poder e a necesidade dunha prensa libre e independente”.
Máis información en La Voz de Galicia