En Galicia está moi estendida a idea de que a nosa música é unha coa das Nacións Celtas, e en boa medida moitos dos grupos folk do noso paÃs revelan unha grande influencia dos seus homólogos irlandeses. No congreso Galicia-Irlanda que se celebrou no Consello da Cultura a pasada semana o musicólogo LuÃs Costas analizou a orixe deste mito e a grande importancia que tivo na configuración do folk do noso paÃs.
As teorÃas sobre a orixe celta da poboación e da cultura galega que se espallaron de xeito xeneralizado xa desde o século XIX chegaron tamén ás explicacións sobre a orixe da nosa música popular. Deste xeito, autores coma MurguÃa, Alfredo Brañas ou Besteiro Torres apuntalaron esta idea sobre o nacemento e a identidade da música galega. Segundo LuÃs Costa, musicólogo e profesor da Universidade de Vigo, "Besteiro Torres relaciona a muiñeira coas melodÃas da Highlands escocesas", e ademais "compara os alalás coa canción irlandesa 'A última rosa do verán'". Pola súa banda MurguÃa recolleu "a idea que os historiadores románticos escoceses estabelecÃan entre a gaita e unha tradición céltica propia", mentres, "na literatura do Rexurdimento a figura do gaiteiro tradicional aparece acotÃo coma un trasunto do bardo céltico".
A fixación do celta
En xeral a maior parte dos autores que trataron sobre a nosa música popular aceptaron a tese da súa orixe celta e as semellanzas coas formas musicais doutros paÃses desta área. Creouse deste xeito un discurso que "callou nun conxunto de emblemas claramente delimitados, coma a gaita, o alalá ou a muiñeira. Uns emblemas que alén diso excluÃan a posibilidade de recrear a galeguidade musical mediante outros itens coma o pandeiro, a jota ou o pasodobre", sinala Costas. "Xeráronse asà patróns de rexeitamento destas formas consideradas espúreas". Ao substrato celta da nosa arte sonora engadiuse, ao longo do século XX a idea dunha Idade de Ouro da música galega que coincidirÃa co esplendor das peregrinacións durante a Idade Media. Filgueira Valverde e Santiago Tafall foron algúns dos autores que propugnaron a idea de que a identidade musical galega debÃa moito a este legado medieval, sen renegar en ningún momento da orixe celta da mesma.
O celtismo popular
Segundo Costas, a cuestión da orixe celta da cultura e en especial da música galega ten unha especial importancia xa que, "como mito, a idea da identidade celta, resistiu e aÃnda dirÃa que resiste con forza os desmentidos da historiografÃa " e engade que " acaba por alcanzar tal pregnancia social que se converte nun tópico identitario de emprego común dentro e fóra das elites culturais e polÃticas que o puxeron en circulación". Deste xeito, boa parte da poboación do paÃs identifica aÃnda na actualidade música celta con música galega. Como proba neste sentido, Costas apunta que "a aparición e consolidación en Galicia de festivais intercélticos de música dá boa mostra tamén da vixencia que a nivel social segue a ter a identificación entre a chamada musica galega de raÃz e a súa matriz céltica."
A chegada de Irlanda
O final do franquismo e a transición polÃtica favoreceron, segundo o profesor, "o agromar de movementos que tentaban reformular a identidade de Galicia neste novo contexto". E é nesta tendencia na que o autor sitúa a aparición dos grupos folk, que partiron dunha reinterpretación daqueles discursos identitarios celtistas e medievalistas. "Músicos coma Emilio Cao ou Rodrigo Romanà consagraron a arpa de orixe celta, que tamén está presente nos instrumentos do Pórtico da Gloria coma un instrumento do folk galego. O mesmo acontece co bodhran ou co banjo tomados da tradición popular irlandesa". Ademais, o éxito comercial de intérpretes coma The Chieftains desde Irlanda ou de Alan Stivell desde Bretaña converteunos en modelo a a imitar "tanto nos aspectos formais, instrumentos e ritmos", coma nos procedementos de marketing. "Coma resultado da acción comercial discográfica a etiqueta música celta configurouse coma un tópico exitoso dentro das novidades que o mercado debe ofrecer".
Flexibilidade musical
Por outro lado, o final do franquismo deu tamén nun incremento da investigación etnográfica sobre a música galega que "comezou a rachar coa imaxe monocorde de gaitas e muiñeiras que se impuxeran na ditadura abrindo paso a unha concepción moito máis flexÃbel da galeguidade musical". Para alén, o debilitamento do compromiso da música folk co galeguismo que se deu ao longo dos oitenta permitiu "unha interpretación máis laxa dos discursos elaborados polo galeguismo histórico". En xeral, Costas apunta que a través da concepción celta da música galega "pasamos dun relato particular e diferenciador desde Galicia á súa inserción dentro dunha realidade global que tamén é descontextualizadora, converténdoa en algo moi distinto aÃnda que mantendo a vixencia de certas aparencias coma a gaita".
Influencias que pasan
Dentro do panorama folk galego, boa parte dos músicos comparten estas afirmacións, aÃnda que puntualizan que a influencia do modelo musical folk irlandés está a pasar. "Xa se deixou notar máis do que se nota actualmente", sinala Anxo Pintos, membro de Berrogüetto, "colleuse bátante o modelo tÃmbrico, e o formato de grupo con gaita, violÃn, bouzouki, arpa... Hai tamén unha influencia no que é o repertorio". Na actualidade sen embargo considera que a música folk galega "está equidistante con respecto á música celta e a moitas outras músicas. Agora mesmo hai moita xente que ten influencia de paÃses balcánicos e de xéneros musicais contemporáneos cómao jazz, a música electrónica, o pop ou o rock. O referente celta está aà pero desde logo moito menos do que estaba". No mesmo sentido manifestase UxÃa Pedreira, cantante do grupo Marful e directora do Conservatorio de Música Folque da LalÃn "Desde os anos setenta seguimos coa música celta ou co que fica ela. Desde o 2000 vese unha maior influencia balcánica", no entanto amósase convencida de que "as influencias van por vagas, e xa estamos noutra, nos anos vinte habÃa músicos preocupados pola chegada dos ritmos americanos, das jazz bands e dos acordeóns diatónicos que desprazaban á 'nosa gaitiña'
Máis do propio
Para a cantante UxÃa Senlle é destacábel a importancia que tivo nos últimos anos "o coñecemento da música tradicional galega" que "foi acotando esas influencias a favor dunhas referencias máis ligadas á nosa música, coma a portuguesa e mesmo a árabe, que tamén está presente nos últimos traballos dalgúns grupos. Eu sempre dixen que o de música celta era máis unha etiqueta comercial do que unha realidade. É certo que hai timbres semellantes e non imos negar que pertencemos dalgún xeito á mesma comunidade. Eu prefiro chamarlle música Atlántica, e no meu caso concreto, oriento o meu traballo máis cara a Portugal e á LusofonÃa". No mesmo sentido, Pintos asegura que na actualidade está a se dar un proceso de difusión da música galega a partir dunha concepción cada vez máis autocentrada. "O que se nota cada vez máis é que o norte dos músicos é a música galega, agora somos nós quen de influenciar outros grupos do noso contorno, e niso si se pode dicir que o folk está a normalizarse".