Non todos os produtos que consumimos diariamente son iguais. Non é igual o valor que achega un libro, un disco ou unha pelÃcula que unha camiseta ou unhas zapatillas. E esa diferenza, Ãndice da singularidade dun paÃs, debe ter unha normativa diferente. Ao conxunto de medidas lexislativas e económicas chámaselle "excepción cultural" e sobre isto ademais da situación do sector audiovisual en Galicia falouse a semana pasada no II Foro Academia Aberta.
Por segunda vez consecutiva, a Academia Galega do Audiovisual sentou ao redor da mesma mesa a produtores, actores, representantes polÃticos, directores... e a todas aquelas persoas que forman parte do mundo da imaxe. Na orde do dÃa figuraban dous importantes e complexos temas: a excepción cultural e o reflexo identitario no audiovisual. "Fai unha excepción" era o tema que unÃa as diferentes mesas redondas concentradas durante tres dÃas na sede da Fundación LuÃs Seoane.
Manolo Gomez, presidente da Academia explicaba que "o obxectivo fundamental era dobre: por un lado interno, que implicaba volver a incidir no coñecemento e nasRe necesidades do audiovisual galego e que forman parte dos obxectivos da Academia; e polo outro lado externo, xa que se daba unha circunstancia excepcional, que era a celebración da xuntanza mensual da Plataforma do cine para facer unha reivindicación a nivel estatal, porque estamos nun momento decisivo".
Un momento excepcional
O 2004 pode ser un ano que marque un punto de inflexión dentro do mundo audiovisual. Este ano, explica Manolo Gómez, é cando a Organización Mundial do Comercio ten planeado no seu calendario examinar a situación das polÃticas comerciais internacionais. E, relacionado con este tema, porque o novo equipo de goberno estatal está disposto a crear a chamada "Lei de excepción cultural" e que está inspirada no modelo que propuxo Jack Lang, o afamado ministro de Cultura na etapa de Francois Miterrand. Un home que conseguiu que aos chamados produtos da industria culturais non lle afectasen as medidas de liberalización acordadas polo GATS (Acordos sobre o Comercio de Servizos) do 1993.
Esta lei pretende ser, tal e como afirmou a nova ministra de Cultura, Carmen Calvo, un conxunto de medidas de protección cunha mesma filosofÃa: "un produto cultural non é un obxecto de consumo, senón un dereito para todos". En Francia gozan desde hai dúas décadas dun sistema que permitiu conservar polÃticas de cota de difusión nacional e europeas, ademais de protexer a industria cinematográfica francesa. Conseguir unha situación semellante é unha das ideas principais coas que se creou a Plataforma do Cine Español, unha sociedade que agrupa a máis de vinte colectivos, que celebrou dentro do Foro unha das súas xuntanzas habituais.
Coa lei de excepción cultural afirmou Manolo Gómez conseguirase "o aval de que o cine español vai chegar ao mercado e por iso queremos que desde o goberno se garanta a libre competencia".
Servir de exemplo
As reivindicacións da Plataforma implican tamén outros obxectivos, aÃnda que todos xiran na mesa dirección: facer do audiovisual unha industria rendÃbel, mantendo a súa condición cultural e identitaria diferenciadora. Entre as outras medidas das que se fixo eco a Academia figuraba que a lei do audiovisual galega, aprobada en 1999, servise como pauta a seguir para a creación dun texto normativo no estado Español. O presidente da Academia matiza esa afirmación explicando que "primeiro, o que si ha de servir de modelo é o feito de que se fixo desde a unanimidade de todos os grupos parlamentarios (a lei do audiovisual galega, xunto coa lei de normalización lingüÃstica foron as únicas aprobadas por unanimidade na historia do goberno galego) e, en segundo lugar porque foi un avance decisivo que se declarase o sector audiovisual como sector estratéxico, desde o punto de vista económico".
Unha excepción externalizada
A excepción cultural nace intrinsecamente ligada a outro concepto importante, que é o de preservar a diversidade cultural. Nese sentido, a Academia Galega ideou unha mesa redonda titulada "Made in Galicia" na que os produtores deron un paso máis alá ao considerar que a excepción cultural non é só unha serie de medidas proteccionistas, senón que ha de levar parello unha polÃtica ofensiva que implica de cheo ás propias produtoras.
Un debate que se sentou baixo a máxima de que hai que "producir de forma competitiva mais sobre todo é esencial distribuÃr". Unha forma que permitirá, segundo coincidiron os directores das produtoras Continental e FÃlmax, que a cultura galega se distribúa en todo o mundo.