O sector audiovisual estatal toma como modelo a aplicar en España a Lei do Audiovisual Galego

Fai unha excepción

22/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Tomar como modelo a Lei do Audiovisual Galego para a redacción dunha Lei Audiovisual estatal foi un dos puntos abordados na primeira sesión do Foro “Pola excepción e a identidade cultural” que a Academia Galega do Audiovisual celebra até o sábado na Fundación Luís Seoane. Os máis de vinte colectivos agrupados ao redor da Plataforma do Cine solicitaron que se declare xa a “excepción cultural”, é dicir, que se aproben o conxunto de normas económicas e lexislativas que garanten a viabilidade do sector e preservan a nosa identidade cultural. O foro continúa hoxe debatendo os conceptos de “marca de fábrica” e “Identidade cultural”.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Academia Galega do Audiovisual, Luís Seoane, Cine...