Unhas obras destrúen parte do castro de San Xoán de Laíño, en Dodro, mentres convocan un concurso de ideas sobre o dolmen de Dombate

Castros atacados e dolmens sen ideas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O castro de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro, resultou parcialmente estragado por unhas obras que provocaron movementos de terra e de pedras. O castro, situado nunha finca privada, xa se vira afectado anteriormente pola construcción dunha estrada que o atravesa. Mentres, a Deputación da Coruña acaba de convocar un concurso de ideas para crear un proxecto de conservación e exhibición do dolmen de Dombate. Este monumento está desde 1989 protexido por unha cuberta provisional e permanece na actualidade fechado ao público.

Máis información en La Voz de Galicia en sobre o castro de Dodro; sobre o concurso do dolmen

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Xoán, Concello de Dodro, La Voz de Galicia, Deputación da Coruña