A editorial vasca Astiberri desembarca en Galicia publicando un álbum do francés Lewis Trondheim na nosa lingua

Trondheim xa fala galego

"O rei catástrofe: A Adalberto non lle falta cara" é o título do álbum guionizado polo celebérrimo autor francés Lewis Trondheim e debuxado por Frabice Parme que a editora vasca Astiberri acaba de pór nas nosas librarías. A obra, vertida á nosa lingua polo guionista Carlos Portela, está destinada ao público infantil e fai parte dun proxecto da editora para distribuír banda deseñada nas catro linguas do estado. O libro, de trinta e dúas páxinas a toda cor e capa dura, custa 8,65 euros.

Máis información sobre o álbum en BD Net