As manifestacións en contra da guerra de Iraq e contra a xestión do Prestige; as alternativas ás polÃticas neoliberais, a Marcha Mundial das Mulleres... a sociedade civil móvese. E os seus comportamentos foron analizados, expostos e debatidos na XXI edición da Semana Galega de FilosofÃa que acaba de finalizar en Pontevedra. A teorÃa vén de acabar, agora vén o tempo de poñela en práctica.
Hai unha aula en Pontevedra que cada ano dedica unha semana a debater, desde un punto de vista filosófico, un tema de actualidade relacionada cos movementos sociais. O ano pasado, mentres falaban da creación artÃstica como unha intervención para mudar a realidade, a poboación civil saÃa á rúa para protestar contra a guerra de Iraq e contra a xestión do Prestige. Fóronse sentando asà os alicerces dos que falar este ano, sobre como a cidadanÃa se revela, se manifesta e se fai notar ante determinadas actuacións.
Un principio con principios
A Semana Galega de FilosofÃa (SGF) comezou aprobando unha declaración contra a guerra pola retirada das tropas en Iraq. Precisamente un dÃa despois de que acabase a SGF, tomaba posesión o novo equipo de goberno, cuxo presidente, José LuÃs RodrÃguez Zapatero ordenou o regreso "máis inmediato posÃbel e coas máximas medidas de seguridade posibles" das tropas españolas, aÃnda que as forzas militares da coalición continúan en territorio iraquÃ. Polo demais, ese mesmo manifesto, asinado por un millar de congresistas inscritos e os quince relatores recordaron as palabras do prusiano Inmanuel Kant no 200 aniversario da súa morte ao dicir "ningún estado debe inmiscuirse pola forza na constitución e no goberno de outro".
"CidadanÃa e filosofÃa" é o lema baixo o que se agruparon unha serie de comunicacións, debates e presentacións de libros, que pretenderon afondar a actualidade e co momento de expectación social que vive Europa. Un feito que, segundo expresou a coordinadora da Semana, Carme Adán, permite falar da "reactivación da sociedade civil", un feito que se produce no momento no que as teorÃas que levan a etiqueta "pos" (é dicir, posmodernidade, poscolonialismo, poshumanismo...) comezan o seu declive.
A democracia da cidadanÃa
O filósofo Geroges Labica foi o primeiro pensador que quixo abordar o concepto de cidadanÃa porque, segundo o seu criterio, estase a dar un "uso abusivo e excesivo da palabra cidadán que se emprega en todas as situacións chegando a desvirtuar todo o seu sentido. Todo o mundo é cidadán, a empresa é cidadán e iso é imposÃbel porque a democracia para nas portas da empresa". Nese mesmo sentido, a coordinadora Carme Adán, explicou que o concepto cidadanÃa "emprégase nos contextos máis variados e desde as instancias de poder máis diversas, posibelmente para limitar a carga semiótica subversiva que posúe". O que si queda claro é, que á luz de todos os movementos que se desenvolveron nos últimos tempos en todas as partes do globo, a tónica xeral é que hai unha cidadanÃa activa e comprometida.
A polÃtica é consubstancial ao propio concepto de cidadanÃa, por iso a democracia e as diferentes formas polÃticas tamén tiveron cabida na SGF. Como é habitual nas xornadas que organiza a Aula Castelao, primeiras figuras estiveron en Pontevedra para falar dos movementos que liberan. Foi o caso este ano de Evo Morais, que lidera unha segunda forza polÃtica de Bolivia desde o ano 2002, e que foi o artÃfice da chamada "guerra do gas" que forzou a saÃda de Gonzalo Sánchez de Lozada e que se converteu nun sÃmbolo das loitas populares e indÃxenas de todo o continente. Precisamente, para teorizar sobre as relacións entre o individuo-poder e sociedade estivo o filósofo José Lorite Mena, que incidiu en que "o sistema democrático é tan desexábel como o marco de convivencia social. De feito, necesitamos negociar o sentido da nosa existencia porque nalgún momento da nosa evolución, perdemos a unidade interpretativa do mundo. A democracia é a procura compartida dese sentido. Trátase pois, dunha decisión vital".
Pechou o ciclo de conferencias o escritor e xornalista Ramón Chao quen abordou a filosofÃa desde a súa propia experiencia vital ao afirmar que "a filosofÃa serviume para xustificar quen son".
"Urxe mudar as relacións de veciñanza. Urxe aclarar o que é común e o diferente. Urxe uniformar o común e respectar o diferente. Que cousa sexa o común e que cousa sexa o diferente é algo que o debate filosófico non pode axudar a entrever. Non son as relixións o común. As relixións non poden ser piares da convivencia pacÃfica; non é o xénero o común. O xénero non pode ser un piar da convivencia. Nin a riqueza, nis os costumes, nin as etnias son o común..." Asà comezaba a intervención do profesor Manuel Aián, quen leu as conclusións da Semana Galega de FilosofÃa. Un documento que afirma que boa parte da situación actual é debedora do posicionamento do Estado que mercantiliza todo o seu arredor.
Alternativas desde Galicia
Polas mañás, a Semana pretendÃa centrase nas ideas filosóficas e polÃticas que se estaban a dar en todo o mundo, mentres que pola tarde, as comunicacións se centraban na "Alternativa desde Galicia". O caso da Coordenadora galega das ONG's , a través dos parlamentos de MarÃa Reimóndez e Emilio MartÃnez; de Burla Negra, a cargo do director teatral Carlos Santiago; da Marcha Mundial das Mulleres en palabras de Lupe Ces; o das Redes Escarlata segundo Iván Prado e os problemas dos homosexuais integrados no colectivo Legais polos profesores da Universidade de Vigo, Beatriz Suárez e Xosé Buxán Bran. Son movementos asociaciativos e manifestacións que, tal e como rezan as conclusións, evidencian que "os galegos temos recuperado a masa, a multitude e temos ocupado os lugares públicos e temos decidido que, se hai que ir ao inferno vaise, pero co corpo dereito, coa vista alta: con dignidade". As conclusións van máis alá ao afirmar que "tal vez os galegos debamos facer algo semellante ao que di Evo Morales: refundar o pas, tomar o protagonismo na construción de Galicia, apropiarnos dos nosos recursos naturais e devolverlle a fecundidade terra e a vida natureza. Atila en Galicia dixo Castelao"
Conclusións da XXI edición da Semana Galega de FilosofÃa..Hai unha aula en Pontevedra que cada ano dedica unha semana a debater, desde un punto de vista filosófico, un tema de actualidade relacionada cos movementos sociais. O ano pasado, mentres falaban da creación artÃstica como unha intervención para mudar a realidade, a poboación civil saÃa á rúa para protestar contra a guerra de Iraq e contra a xestión do Prestige. Fóronse sentando asà os alicerces dos que falar este ano, sobre como a cidadanÃa se revela, se manifesta e se fai notar ante determinadas actuacións.