Actos por todo o país conmemoran o aniversario da II República Española

República en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O catorce de abril de 1931 proclamábase a II República en España. Coincidindo con este aniversario, numerosos colectivos de toda Galicia celebran diferentes actos conmemorativos. Deste xeito, Ateneo Republicano da Coruña programa durante toda a semana diferentes conferencias e unha ofrenda floral. Nesta cidade presentábase onte unha obra do historiador Emilio Grandío que analiza a evolución da Deputación da Coruña entre 1931 e 1936. Mentres, a Asociación de Amigos da República de Ourense organiza unhas xornadas que se centran na cooperación galego-portuguesa durante a República e a Guerra Civil. Outros actos en Compostela, Vigo ou Vilagarcía lembran tamén aquel período.

Máis información en Vieiros; no web do Ateneo Republicano; en Galicia Hoxe; o noso tema; sobre os movementos de recuperación da memoria histórica

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con República, Vieiros, Emilio Grandío, Memoria Histórica...