Compostela terá un novo parque arqueolóxico centrado no Castelo da Rocha e nos petroglifos de Conxo

Parque e inventario

13/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os restos do antigo castelo da Rocha Forte e os petroglifos do barrio de Conxo, na zona Sur de Compostela, serán os eixes do futuro parque arqueolóxico desta cidade de consolidarse a proposta do Concello neste sentido. As ruínas da fortaleza serán obxecto este ano de importantes obras de escavación e de rehabilitación. Mentres, continúa a catalogación dos vestixios arqueolóxicos do concello de cara á definición do Plan Xeral de Ordenación Urbana. O anterior catálogo de restos data de hai dúas décadas e é moito menos detallado que o que se está a elaborar.

Máis información sobre o parque arqueolóxico en La Voz de Galicia; sobre o catálogo de restos en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Conxo, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia...

Claves

Lugares