No Xacobeo non só se multiplica o número de visitantes, senón tamén o de artistas e músicos que solicitan permisos para desenvolver a súa actividade nas rúas de Santiago. Por iso, o concello acaba de regular os espazos nos que poden traballar para evitar conxestionar lugares como o Obradoiro. A solución adoptada por Raxoi foi a de crear dous itinerarios: o primeiro inclúe o Obradoiro, o Arco do Arcebispado, a Inmaculada, as Casas Reais, a Porta do Camiño, o CGAC, o Museo do Pobo Galego e Bonaval; o segundo vai desde a rúa do Vilar, o Toural, Porta Faxeira e a Alameda. Os soportais de Correos serán para os caricaturistas e Fonseca para os pintores.
Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego