Galicia está inzada de castros. Na maior parte dos casos, non quedan deles máis que unhas cantas pedras amoreadas que lembran o trazados dos antigos muros. Noutros casos pódense ver aÃnda os cimentos das vivendas e a miúdo ao escavar encóntranse restos de todo tipo. En Viladonga tamén contan cunha destas construcións, mais neste caso contan cun completÃsimo programa que inclúe desde a investigación sistemática do conxunto até a súa aplicación didáctica e o aproveitamento turÃstico do mesmo.
Foi en 1971 cando o Castro de Viladonga comezou a ser algo máis que un monte de pedras. Manuel Chamoso Lamas foi o responsábel destes primeiros labores de investigación, e ante a cantidade de restos que aparecÃan comezou a pensar na posibilidade de crear un museo na zona. No momento en que se comezou a investigar, o Castro de Viladonga era un caso único de construción castrexa que fora habitada en época romana. AÃnda que máis adiante se foron descubrindo outros casos semellantes, a importancia do recinto non minguou, xa que a cantidade de datos que achegou sobre o xeito de vida dos habitantes de Galicia entre os séculos II e V da nosa era non ten igual.
Segundo Felipe Arias, actual director do museo, a orixe deste centro débese realmente a "unha intuición boa de Chamoso Lamas, que xa no 76 intúe que facÃa falta un museo de sitio, cando só habÃa dous en España e en Europa tampouco habÃa moitos. Ademais, naquel momento tampouco se recuperara todo o material que apareceu despois". Deste xeito, en 1983 o Ministerio de Cultura creaba o Museo, que abrirÃa definitivamente tres anos máis tarde e que pasarÃa a depender da Xunta de Galicia en 1989.
Contar cos amigos
Foi tamén en 1989 cando nace a Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga. Dun xeito semellante a outros colectivos deste tipo, a asociación divulga o traballo desenvolvido no museo e desenvolve actividades que complementan as deste centro. "A asociación de amigos patrocina moitas actividades, a súa aportación é fundamentalmente material, non tanto en cartos senón en cousas coma o web ou a revista". É este colectivo o que se encarga da publicación de "Croa", unha revista anual que recolle as últimas descubertas relacionadas co castro e outras novas do mundo da arqueoloxÃa e que leva xa publicados trece números. Tamén foi a asociación quen desenvolveu a primeira web sobre o museo, que alén diso recolle o material didáctico editado por este centro e a publicación electrónica e-Castrexo, que dá a coñecer polo miúdo como era a vida naquela época. Segundo explica Felipe Arias "É unha asociación de amigos que efectivamente son amigos, e existe unha grande coordinación entre as actividades que realizan e as que organiza o museo". Dentro deste colectivo intégranse desde labregos veciños da zona até persoas de Madrid ou de Barcelona que están interesados no traballo que se desenvolve arredor desta aldea fortificada. Na actualidade arredor de cento oitenta socios das máis diversas procedencias e estados sociais participan das actividades.
Do museo á xente
O feito de ter un museo e unha asociación tan activa determinaron a actividade sociocultural da zona. "A isto tiráselle un rendemento social e educativo, e tamén incide na propia protección do xacemento", sinala o director do museo. "Non é que a xente da zona estea moito máis culturizada sobre o mundo castrexo que a doutros lugares", recoñece, "sempre souberon que aquà habÃa un castro, e agora adquire importancia para eles porque ven que hai xente que se achega de lonxe para velo. A metade da poboación non coñece o museo, mais iso é algo que acontece en todos os lugares, a xente do sitio non vai aos museos que ten ao carón e ao mellor cando sae fóra o primeiro que fai é ir a un". Na busca de dar a coñecer o máximo posÃbel o xacemento, o centro posúe un programa de acción didáctica que busca difundir o máximo posÃbel o coñecemento do castro. Centros escolares de toda Galicia e mesmo de Asturias visitan periodicamente o lugar e desenvolven diferentes actividades didácticas sobre o mundo castrexo. Alén diso, desde o museo organÃzanse exposicións itinerantes que levan educan sobre este mundo a quen o solicite. "Procuramos facer mostras manexábeis que poidan chegar a todas partes, desde institutos a asociacións culturais", sinala Arias.
A importancia do castro
O director do museo sinala que non existe un xacemento tan organizado en toda Galicia coma o de Viladonga. "Comparásenos con castros coma o de Baroña ou o de Santa Tegra. Santa Tegra ten un museo que non funciona coma tal, ten moitas máis visitas que Viladonga, mais non ten os servizos que temos nós, aquà traballan dezaseis persoas, e nese sentido o xacemento está máis aproveitado". Até vinte mil persoas se achegan ao museo cada ano, unha cifra que sube até vintecinco mil ao falarmos da xente que visita o castro. "Temos un dos horarios de apertura máis amplos do paÃs, desde as dez da mañá até as oito da noite ininterrompidamente", lembra Arias. As mil duascentas pezas que se poden ver de xeito permanente só supoñen un tres por cento do total de 73.000 que están catalogadas. Os fondos almacenados saen á luz periodicamente en mostras temporais que recollen aspectos concretos da vida castrexa.
Continuará
Por se fosen poucos os fondos existentes, o Castro de Viladonga non está nin moito menos totalmente analizado. As investigacións arqueolóxicas, desenvolvidas baixo a supervisión do museo, continúan, e aÃnda o pasado ano 2003 acabou unha nova campaña. "Nesta escavación non se conseguiron moitos materiais mais si se obtiveron resultados moi interesantes", lembra Arias. Entre os achados está o camiño de entrada ao castro e diferentes ferramentas domésticas que permiten afondar no coñecemento do xeito de vida dos habitantes deste recinto na época do Baixo Imperio Romano. Entre os proxectos máis achegados está continuar coas actividades que se veñen desenvolvendo. "Queremos chegar ao maior número de xente posÃbel, mais non termos visitantes por visitantes. Pretendemos que quen veña coñezan e valoren o que ven". Para este ano perparan a mostra "Do xacemento ao museo" que amosa o itinerario das pezas desde que aparecen no castro até que son expostas. Polo que semella, este resto do pasado ten o futuro asegurado.