Pontevedra homenaxea a Luísa Villalta no Abril dos Libros e recupera a figura de Xoán Vidal

Poesía para as rúas

A morte non lle permitiu a Luísa Villalta ler o manifesto inaugural dos actos do Abril dos Libros en Pontevedra. O concello decidiu entón homenaxear á que ía ser madriña desta edición organizando un recital poético-musical na súa honra. Será o vindeiro venres dous de abril ás sete da tarde na Casa do Concello, e no acto participarán persoeiros coma Miguel Anxo Fernán Vello, Marica Campo, Eva Veiga, Pepe Cáccamo, Marga Romero e Pilar García Negro entre outros. O goberno municipal tamén participou onte na homenaxe que se lle tributou ao poeta Xoán Vidal no cemiterio de San Amaro cando se cumprían cen anos do seu nacemento.

Máis información sobre a homenaxe a Xoán Vidal en La Voz de Galicia; sobre o falecemento de Luísa Villalta no noso tema