Un grupo de estudiantes de arquitectura cataloga 150 cruces e cruceiros da comarca da Ulloa

Cruceiros baixo catálogo

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Cinco estudiantes da Facultade de Arquitectura da Universidade da Coruña catalogaron as cruces e os cruceiros dos concellos de Palas, Monterroso e Antas, segundo informa El Progreso. Os alumnos catalogaron algún calvario descoñecido a nivel oficial.

Planos e contos


A catalogación realizada inclúe 150 fichas de cruces, cruceiros, calvarios e petos de ánimas, monumentos abundantes nas zonas rurais. O estudio baseouse na medición, na cartografía do monumento e na tradición oral que rodea o monumento. Os autores afirman que non deixaron ningunha cruz fóra do estudio. Sandra Arcos, Álvaro Baamonde, Raquel Bouza, Antonio Diéguez e Jesús Bargados foron os autores deste proxecto financiado pola Dirección Xeral do Patrimonio.




En abandono


O catálogo recolle pezas dende o ano 1674 -o cruceiro de Ligonde- ou via crucis coma o de Santa Mariña (Antas de Ulla), que non figuran en ningunha catalogación oficial e polo tanto, sen posibilidades de conservación. Algunhas das pezas desapareceron no transcurso da catalogación, como a cruz de Chorente. Ó cruceiro de Cervela (Antas) chegaron cando este estaba a piques de derrubarse.

O estudio foi feito a partir dun convenio entre a Facultade de Arquitectura da Universidade da Coruña e a Dirección Xeral de Patrimonio.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A cruz dos cruceiros

A cruz dos cruceiros

Pouco coñecidas e difíciles de protexer, as cruces de pedra constitúen un importante patrimonio

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Ulloa, Universidade da Coruña, El Progreso...