Un congreso analizará as posibilidades de futuro dos centros históricos

Proxectar a zona vella

"A cidade historica como proxecto" é o subtítulo que leva a treceira edición do Salón Internacional de Patrimonio Cultural (SIPAC) que se celebrará o vindeiro mes de outubro en Compostela. O salón, organizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Universidad de Santiago, pretende facer unha análise das diferentes políticas de actuación sobre centros históricos e buscar as posiblidades que estas zonas ofrecen como motores de desenvolvemento económico e social. Ademais do curso "A cidade histórica como proxecto", desenvolveranse obradoiros e un salón no que diferentes postos nos que se poderán ver actuacións concretas sobre centros históricos de todo o mundo.

Falar




O curso "A cidade histórica como proxecto" desenvolverase en sesións de mañá entre o mércores día dez e o venres doce de outubro. Nel, prestixiosos arquitectos e urbanistas, e mesmo psiquiatras, filósofos ou escritores, abordarán diferentes aspectos sobre a cidade histórica. Os temas tratar irán desde o sentido dos monumentos ou a contaminación figurativa na arquitectura, á análise de casos concretos de actuación como poden ser os de Roma, Berlín, Bilbao ou a recuperación de técnicas tradicionais de construcción en Marrocos. Neste curso participarán prestixiosos especialistas vidos de lugares coma A Habana, Marrakech, Roma, ou Berlín, entre outros. As conferencias estructuraranse en tres bloques, estando o primeiro deles dedicado a reflexionar sobre a cidade como elemento configurador das formas culturais e da mentalidade colectiva. O segundo dos bloques centrarase no desenvolvemento urbanísitco, e no terceiro farase un achegamento a diferentes planos de desenvolvemento de centros históricos.



















Facer




Baixo o título de "Memoria, mateira e proxecto", os obradoiros tentarán achegar os participantes ós problemas concretos dos bens patrimoniais dun xeito técnico. Así, no apartado "Memoria", abordarase o estudio do patrimonio desde a arqueoloxía, vendo as posibilidades de recuperación e de análise de restos. No bloque sobre a materia veranse os diferente problemas de conservación que afectan ós materiais presentes nos centros históricos e as respostas a estes problemas. Finalmente, baixo o epígrafe "Proxecto" tentarase promover un mellor coñecemento das posibildades de xestión e de planificación destes centros.