fin de semana 26/03

Polos parágrafos de “Anxos... de garda” deslízase o sabor da primavera recente e aínda fría. A escritora Anxos Sumai dálle un bocado ao mundo do seu redor e coas súas letras tamén invita aos lectores a saborealo con todos os seus matices, como unha invitación a morder unha fermosa mazá chea de vida. O baleiro está tamén presente nos recadros do encrucillado desta semana agardando por unha man que os encha coas palabras axeitadas e resolva os enigmas que as enguedelladas definicións nos propoñen. Dúas propostas de ocio, entretemento e cultura para esta fin de semana.