O CGAI recupera sete documentais históricos de Elixio González

Elixio recuperado

A filmografía completa do fotografo e documentalista Elixio Rodríguez estará en breve dispoñible para todos os galegos logo de que o Centro Galego das Artes da Imaxe culminase a súa recuperación. A obra deste cineasta galego está composta por sete documentais sobre a emigración en Arxentina rodados entre 1942 e 1972, e son considerados parte fundamental da memoria visual de Galicia.

Da fotografía ó cine




Elixio González naceu en Entrimo, Ourense, en 1899, e ós trinta anos emigrou a Arxentina, onde non tardaría en convertirse no fotógrafo da colectividade galega emigrada. A partir de 1931 iniciou as súas incursións no cine cando comezou a gravar cunha cámara de dezaseis milímetros reportaxes sobre a vida social dos emigrantes. A pesar de que desenvolveu unha intensa actividade neste eido, a súas filmacións non foron moi valoradas na época e maior parte delas perdéronse, conservándose unicamente os sete documentais que agora vén de recupera o CGAI. Segundo puntulizaron desde a Consellería de Cultura, a pesar da súa actividade, non se pode Considerar a Elixio González coma un cineasta no sentido estricto, senón coma un reporteiro gráfico que recolleu en imaxes os principais momentos históricos do galegsuimo en arxentina. González morreu en 1973 en Buenos Aires.



















A recuperación


O proceso de recuperación que vén de culminar o CGAI afecta ós sete filmes conservados da producción de Elixio González, que foron rodados entre 1942 e 1972. Esta restaurción produciuse coa colaboración dos historiadores Manuel González e Alfonso Vázquez Monxardín e co apoio do Centro Galego de Buenos Aires. As películas recuperadas inclúen imaxes tan destacadas coma as do I Congreso da Emigración de 1956, ou os actos conmemorativos dos cincuenta anos do Centro Galego, no que se poden ver destacados persoeiros da cultura e da política da época. Tamén se conservan nestas películas abondosas imaxes de Castelao, que xa foran empregadas polo cineasta Jorge Prelorán na súa longametraxe "Castelao", realizada en 1978.
















En video e en rede








Segundo sinalou a Consellería de Cultura, da que depende o CGAI, estes filmes, onda o resto da producción galega recuperada, serán editados en video. Ademais, aseguran que proximamente poderán consultarse tamén na páxina web do CGAI, que tamén incluirá mostras da producción galega recente.