Un estudo revela que o galego non é considerado atractivo polos máis novos mentres a Xunta anuncia sancións por incumprir a Lei de Normalización

Moda e multas de lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os mozos e mozas do país consideran que as persoas que empregan o galego urbano ou o castelán coma “máis cultas, intelixentes, atractivas e innovadoras” fronte ás que falan un galego tradicional. Mentres, só o dez por cento dos empregados considera que o noso idioma non é apto para o mundo empresarial. Este datos, entre outros, aparecen nos estudos que inclúe o último número da revista “Cadernos da lingua”, que edita a Real Academia Galega. Pola súa banda, a Dirección Xeral de Política Lingüística anunciou que a partir do 2005 sancionará os centros que incumpran a normativa sobre emprego do galego no ensino, que segundo esta institución son só o seis por cento do total.

Máis información sobre os estudios da RAG en Galicia Hoxe e en La Opinión; sobre as sancións no Faro de Vigo do vinte de marzo

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Política Lingüística, Dirección Xeral de Política Lingüística, Faro de Vigo...