As festas que se realizan reproducindo ambientes do pasado son cada ano máis populares nas cidades e vilas galegas. Onda a Festa da Istoria de Rivadavia van xurdindo por toda Galicia feiras francas, mercados medievais, tomas de castelos e festas celtas comezan a ser comúns no verán. Durante esta fin de semana tivemos os primeiros exemplos da temporada. A segunda edición da Feira Celta da Aureana reunÃu a 3.000 persoas, mentres os veciños de Allariz sacaban os traxes medievais á rúa para celebrara a súa "Festa do Boi".
Mercado celta
Por segundo ano consecutivo o monte Ancos de Neda acolleu onte unha peculiar feira. Os celtas voltaron poboar como hai milleiros de anos as abas deste monte para comprar e vender todo tipo de productos de artesanÃa e alimentos, chegando a congregar a máis de tres mil persoas, fundamentalmente durante a tarde do domingo. Ademais dos postos de madeira tallada, xoias, tapicerÃa ou perfumes habÃa á venda abondosa comida, amenizada polo son das gaitas e das pandeiretas. O acto central da festa tivo lugar ó mediodÃa, cando unha contacontos explicou ós asistentes a Lenda de Laureana, unha historia de Mouros que explica a máxia orixe da fonte do lugar.
Festa do Boi
Hai case seiscentos anos o cabaleiro Xan de Arzúa irrompeu na xuderÃa da vila a lombos dun boi con intención de expulsar os seus habitantes. Aquel feito deu orixe a unha festa que se celebrou na vila aÃnda ata comezos do século XX. Nos últimos anos o Concello decidiu recuperar a celebración, aproveitando para transformala nunha recreación da vila durante a Idade Media. AsÃ, se xa onte os veciños de Allariz portaban indumentarias pouco habituais para o século XXI e as casas estaban adornadas con antigos adubÃos, a xornada de hoxe estará protagonizada polos gremios de artesáns. AsÃ, para a mañá estaba prevista a organización de xogos durante a tarde realizarase un desfile no que estes profesionais amosarán os seus uniformes de traballo. Os actos continuarán durante esta semana, agardándose unha grande afluencia de público ó coincidir coas festas do Corpus de Ourense.