Dous Goyas, un Fotogramas de Prata, un Mestre Mateo, un premio do Círculo de Escritores Cinematográficos, varias homenaxes en semanas cinematográficas... a listaxe de premios que Luís Tosar acapara é tan longa como a súa participación en curtametraxes. Deuse a coñecer polo seu papel de xuíz en Mareas Vivas, serie que abandoou para dedicarse a unha cada vez máis consolidada traxectoria cinematográfica. Un perfil que foi en paralelo a outro dos papeis que desenvolveu na súa carreira, o de ser un cidadán que ergueu a súa voz para protestar contra a guerra de Irak e o desastre do Prestige.
A túa carreira mantén un ritmo imparábel, apareces en numerosas curtametraxes, longametraxes, pero... onde está a orixe de todo?
Coma todos os nenos comecei no grupo de teatro no colexio, mentres que co tema do vídeo foi no instituto. Co meu amigo Jorge (Coira) comezamos a coescribir curtametraxes, a autoproducilas e cada quen tiña as funcións ben definidas: Jorge era o realizador e eu o intérprete. Fixen en Lugo o instituto e o COU, e logo "a panda" do instituto fixo unha emigración colectiva a Santiago. Presuntamente a estudar aquelo ao que nos iamos dedicar o resto das nosas vidas, pero poucos seguimos. Eu empecei Historia no 89 e seguín matriculado tres anos; no medio foi cando empecei a estudar algo de teatro. Había un taller que se chamaba "Alecrín" onde daban clase Víctor Mosqueira, María Bouzas, Quico Cadaval e era a oportunidade que había para aprender. E iso foi moi importante porque alén de aprender algo de teatro, foi onde coñecín toda esta xente coa que logo comecei a traballar. Ademais diso, foron eles os que me deron a oportunidade para traballar en Galicia. De feito, o meu debú profesional no mundo do teatro foi con María Bouzas, Quico Cadaval e María Pujalte nun espectáculo que se chamaba Squash. Naquel tempo tamén colaboraba na Nasa, onde tiña un par de números nas Ultranoites da Nasa.
O papel que supuxo o teu despegue foi o de xuíz en Mareas Vivas e, nun momento álxido para a serie, decides abandoalo para dedicarte á túa carreira cinematográfica ¿que circunstancias se deron para tomar esa decisión?
Eu fixera un montón de cousas pequenas pero até Mareas Vivas non se deu o meu debú na televisión. Cando arrincamos coa serie, na primeira quenda de episodios, saíume o papel para facer "Flores doutro mundo" con Izíar Bollaín. Como coincidiu no tempo puiden compaxinar as dúas cousas grazas a un favor persoal. O que me preocupaba de estar nunha serie de televisión era non poder seguir metido no mundo do cine, que era o que realmente me interesaba. Chegou un momento no que non tiña ningún proxecto en perspectiva e sabía que se me quedaba en "Mareas" corría o risco de quedarme apalancado, alén dos problemas que tería para poder facelo se me saía algo novo. Foi cando decidín marcharme, pero sen publicitalo porque tampouco é que me cansara de facelo.
¿Foi así como deu o salto a Madrid?
Nunca marchei nin marcharei a Madrid. Vou para traballar, pero logo volvo. Daquela foi un momento concreto para facer máis castings e coincidiu con que tamén me empezaban a chamar e logo unha cousa chama á outra. A "retroalimentación" (sorrí), que se chama.
¿E cal é o momento actual?
Agora mesmo estou nun momento de freo para esperar a ver que pasa. Estaba metido nunha cousa que se acaba de adiar; unha película moi pequeniña na que ía actuar sen cobrar. Así, aproveito para pensar que é o que vou facer. Aquí non me chaman moito, non sei que pasa.
¿E se miramos cara adiante?
Agora mesmo leo historias e estou dicindo a cousas que non, porque noto que todo comeza a redundar un pouco. Preséntanme moitos personaxes amargados, reconcentrados, con moitos conflitos interiores. Entón estou fuxindo un pouco desta historia. E grazas a "Inconsciente" (película de Joaquín Oristrell) xa me desquitei de tanto drama.
¿Cales serían as limitacións que te autoimpoñerías? ou dito doutro xeito, hai algún papel que, de entrada, non aceptarías nunca?
¿Limitacións? Non sei se me poría ningunha. A priori, facer de latino como tal non é unha das cousas que me apeteza. Agora ben, facer de latino nun proxecto interesante, cun proxecto de personaxe profundo nos EEUU non me importaría. Depende do proxecto moito máis que o sistema, até que non les os proxectos non podes decidir. Tento que sexa unha sorpresa continua.
¿Pensaches en poñerche por detrás das cámaras?
Non, xamais porque o meu é interpretar. Dirixir non me apetece mais si coguionizar, que xa o fixen.
Entre os teus plans máis inmediatos ¿está o de participar na película que se vai facer sobre o Prestige?
Eu puxen en contacto a un par de directores que xa confirmaron a súa participación. Pero o proxecto estivo e está medio parado polo tema das eleccións. Hai tres ou catro historias que están bastante armadas. E a min apeteceríame facer algo, pero aínda non o teño moi claro.
E... ¿vai adiante?
A película vaise a facer, aínda que agora mesmo está un pouco parada. Esta película preséntase a subvención aínda que está claro que non a vai recibir. E estamos no de sempre, hai unha xente que concede subvencións, e hai xente que vive delas. Hai que ter un compromiso de futuro bastante claro para arriscarte con algo así.
NAS MIÑAS CARNES NON NOTEI NINGÚN TIPO DE REPRESALIAS POLO TEMA DE NUNCA MÁIS PERO SI EN HISTORIAS DE COMPAÑEIROS. EN GALICIA XA ESTAMOS UN POUCO ACOSTUMADOS A ISTO
E xa que falamos do Prestige, fuches un dos rostros de Nunca Máis, participaches activamente en Burla Negra, saíches á rúa para protestar en contra da guerra ¿Pensas que pode haber represalias?
En Galicia estamos un pouco acostumados a todo isto. Nas miñas carnes non notei ningún tipo de represalias, tal vez distancia por parte dalgún medio de comunicación, mais en todo caso nada demostrábel. O que si podo dicir é historias de compañeiros aos que lles cancelaron algunha función, aos que non lle pagaron bolos nalgúns concellos, sobre todo polo tema de Nunca máis. E logo sei de xente que ía ser convocada para algunha historia concreta e da que houbo chamadas superiores para dicir que non. Dá a sensación de que non se pode ter unha actitude crítica, de que se es actor non podes ser cidadán.
AQUÍ PODES ATOPAR FIGURAS CURIOSAS DENTRO DO MUNDO AUDIOVISUAL, XENTE ESTRANA QUE NON SABES EXACTAMENTE COMO CHEGOU A ISTO, PORQUE NUNCA FALA DE CINE, NIN DE TELEVISIÓN NIN DE NADA, DUBIDAS REALMENTE SE LLES GUSTA O AUDIOVISUAL
A industria audiovisual galega
Ti que tes traballado tanto en Madrid como en Galicia ¿cres que hai especial diferenza?
Non, non moita. Aquí podes encontrar figuras curiosas dentro do mundo audiovisual. É dicir, produtores estraños que non sabes exactamente como chegaron a isto, porque nunca falan de cine, nin de televisión nin de nada, dubidas realmente se lles gusta o audiovisual. Son algúns casos concretos porque logo hai xente que está preparadísima, que traballou moito no cine, e que está ao mesmo nivel de Madrid.
Entón..... ¿cres que xa podemos falar dunha industria audiovisual galega?
Eu creo que si, polo menos hai unha base. Hai equipos artísticos e técnicos que xa comezan a ter postos relevantes nesta historia; xefes de departamento que están traballando en calidade de uso e que fan traballos para fóra. O curioso é que é basicamente porque tiveron que traballar fóra antes de traballar aquí. Estou pensando no caso concreto de Ricky Morgade, por exemplo, que se acaba de valorar agora como director de fotografía en Galicia, mais que tivo que ser valorado antes por Javier Salmones. E coma o seu caso hai moita xente. Desta xeración tivemos que emigrar case todos.
No caso dos actores é máis cómodo, véxase o caso de Manquiña, de Nancho Novo, de Javier Veiga, sen embargo no eido técnico, non falamos só dos directores é moi distinto ¿non?
Así é a vida. É máis difícil para os técnicos e directores que para os actores. Para min é máis fácil actuar en películas, que para un director facer unha. Levantar unha película, levantar un proxecto propio é moito máis complexo.
Falando da diferenza entre actores e directores. Ti entraches no mundo do audiovisual con Jorge Coira, ao que lle dedicaches este ano o teu segundo Goya. Sen embargo... ¿por que non estás na súa primeira longametraxe?
Non me convencía o proxecto e xa está. Na película estou pero é un cameo... e ¡tamén nos extras do DVD!. Agora estamos metidos nunha idea dun documental que de momento está no aire. Cando es moi amigo de alguén tes que buscar os momentos para traballar xuntos e ter moi claro as cousas que queres facer. As cousas non funcionan só polo feito de ser amigos.
Audiovisual de formación
¿Pensas que a creación dunha Escola Superior de Arte Dramática axudará á interpretación en Galicia?
Non o sei, supoño que estaría ben ter unha escola na que te formar hai que estudar. O ideal sería poder estudar, e ter un sitio aquí para poder facelo, cunha formación continuada e disciplinada. Ser autodidacta e buscarte a vida acaba por pasarche factura. Fáltache disciplina, constancia no traballo e hai que ir dando outros bandazos. Aínda que isto, por outro lado está ben, porque ten a contrapartida de que te formas traballando, e claro, tes unhas táboas e adquires unha independencia que dificilmente se crea na escola.
¿E no caso da acabada de crear licenciatura de Comunicación audiovisual?
Son sempre pasos adiantes e todo vén ben. E canta máis oportunidade haxa de formarse e de abrirse, e que haxa un movemento continuo, unha corrente que non pare nun sitio concreto, todo irá a máis.
NA EIS CONFLUÍRON UNHA CAMA DE ALUMNOS CON VOCACIÓNS INEQUÍVOCAS E UNHA SERIE DE PROFESORES QUE ERAN VERDADEIROS FANÁTICOS DO CINE
Pregunto porque na EIS deuse lugar a un ambiente que sentou boa parte do que é o sector audiovisual hoxe... ¿pensas que ese factor se pode repetir?
Pode ser, mais creo que naquel momento tamén coincidiron dúas cousas moi fortes. Por un lado a oportunidade de xente que tiña moito interese e que, polo outro lado, había profesores moi vocacionais, como Carlos Amil, Pepe Coira, que eran verdadeiros fanáticos do cine e que conseguían transmitir a súa paixón. Ademais diso, coincidiu tamén unha camada de alumnos, dúas ou tres xeracións, cunha vocación inequívoca. De feito poucos quedaron no camiño. E logo mesturados, estabamos a nova xeración de autores, duns vinte e pico anos que tamén tivemos máis inquedanzas no mundo do cine que no teatro, co que seguiamos en paralelo. Foi un momento de apertura que serviu para crear as referencias que seguir agora en Galicia e que non había hai dez anos.
SOMOS TAN NOVOS NISTO DO CINE QUE CANTO MÁIS FAGAMOS MOITO MELLOR
E o apoio institucional ao sector audiovisual pode condicionar a evolución do sector cara un produto máis comercial e menos identitario?
Non creo que se chegue nunca ao fenómeno de facer un produto americano polos seus niveles de produción. Máis que nada porque non temos a mesma infraestrutura, pero eu creo que ten que haber de todo para que sexa de todos. Ten que haber unha de cal e outra de area. Para que un cine independente funcione ten que haber un cine máis comercial, non hai unha nomenclatura fixa. O cine independente aparece como contrapartida a un cine moito máis comercial. Pero como somos tan novos nisto do cine que canto máis fagamos moito mellor, porque se empezas a facer planes direccionais de se tiro por aquí ou tiro por alá, acabas por non facer nada. A xente que levanta proxectos interesantes supoño que quedará; o importante é que se sigan facendo proxectos.
¿Pero o problema segue existindo porque os traballos non chegan ao cine?
As redes de exhibición son as que son, e estamos expostos a empresarios moi duros. E isto é un problema gordo no cine xa non só galego, senón tamén en España. Non hai unha protección institucional por iso cómpre unha lei que protexa os produtos aquí.
OS MAGICAL ERAN AS GAÑAS DE FACER HISTORIAS DE ALGO QUE NON PUIDERAMOS FACER NO CINE: CANTAR, BAILAR, FACER MAXIA, PRACTICAMENTE TODO O QUE SE NOS OCORRÍA
A medio camiño entre o teatro e a música
Os Magical Brothers, ou o rock and roll levado ao teatro ¿como naceu esta forma de espectáculo?
Ao principio xurdiu un pouco como unha maneira de catarse e como unha forma de rebote ao teatro máis rancio e á sensación de estar apalancados nalgo excesivamente convencional. Eran as gañas de facer historias de algo que non puideramos facer no cine: cantar, bailar, facer maxia, practicamente todo o que se nos ocorría e que metiamos nunha batidora e logo presentabamos ao público. Alén diso, era un tipo de formato teatral que nun momento dado entronca cun momento no que os circuítos empezaban a mermar e os bares comezaron a ser lugares nos que poder facer os espectáculos. E logo tamén era unha forma moi directa de medirte ao público, de que es actor de verdade. Agora, co paso dos anos, conservamos esas ganas e converteuse en algo máis serio. Os Magical foi algo que funcionou, que se asentou e que non era xa puro divertimento, senón que era unha forma interesante para o público cuns cánones distintos. Agra, imos facer unha curtametraxe que escribiu José Manuel Quiroga. Titúlase "O último peldaño" e é unha historia sobre cómicos en decadencia.