Unha mostra conmemora os 150 anos de luz eléctrica en Galicia

Fíxose a luz

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

O Consello da Cultura Galega inaugurá mañá "A noite está varrida da terra" unha mostra coa que se conmemoran os 150 anos do acendido do primeiro arco voltaico no Estado Español. A mostra recolle aparellos empregados para o estudio da electricidade nos séculos XVIII e XIX e fai un repaso pola vida do químico Antonio Casares, un dos máis destacados investigadores neste eido hai un século e medio.

O arco voltaico


En 1851 o patio do Colexio de Fonseca de Santiago, daquela Facultade de Ciencias, era escenario do fito histórico que supuña o acendido do primeiro arco voltaico do Estado Español. Daquela xa se viña investigando a electricidade en diversos centros de toda Galicia, e só levaba seis anos en marcha esta facultade, da que era decano Antonio Casares Rodríguez, destacado químico que foi un dos pioneiros na introducción do cloroformo no país e creou os Gabinetes Científicos da Universidade de Santiago.



A mostra


A Igrexa da Universidade de Santiago acollerá as 331 pezas relacionadas coa electricidade que se recabaron en Centros de Ensino Secundario e Gabinetes de Física da Universidade. As pezas datan nalgúsn casos do século XVIII e recollen a evolución dos estudios sobre a electricidade en Galicia. A exposición inaugurarase mañá ás once coa presencia do presidente da Xunta, Manuel Fraga e o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares. Entre as pezas expostas inclúese material didáctico específico para alumnos de ensino secundario e están programadas actividades educativas sobre a electricidade. A mostra está organizada pola Sección de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía do Consello da Cultura Galega e conta co patrocinio da Universidad de Santiago e Unión Fenosa.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Recuperarmos a noite estrelecida

Recuperarmos a noite estrelecida

A contaminación luminosa provoca efectos non desexados na natureza e na nosa saúde. E tamén nos priva da beleza do firmamento

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, ARCO, Ciencia, Carlos Casares...