Tal dÃa como hoxe hai 511 anos chegaba a carabela "A Pinta" á praia da Ribeira en Baiona. Dela descendÃa o capitán MartÃn Alonso Pinzón anunciando a descuberta do "novo mundo". Tal dÃa como hoxe desde hai 111 anos, o Concello de Baiona recupera esa efeméride histórica. Un mercado medieval, unha representación, obradoiros, actos protocolarios e conferencias forman parte da Arribada.
"A Arribada é a conmemoración dun feito histórico fondamente documentado que tivo unha importancia trascendental na historia universal". Deste xeito Avelino Sierra, ex-concelleiro de cultura e alma máter da recuperación da Arribada, define o evento máis importante que cada primeiro de marzo celebra Baiona e que conmemora a chegada da carabela "A pinta", capitaneada por MartÃn Alonso Pinzón, coa nova do descubrimento de América.
O valor da historia
Baiona xa celebrou en 1892 o cuarto aniversario da chegada da carabela "A pinta" á praia de Ribeira, tal e como acreditan documentos encontrados no arquivo municipal da vila. Cen anos despois, en 1992, coa conmemoración do quinto aniversario na que se creou a Carabela-Museo, desde o Concello pensaron que era o momento de darlle un pulo novo á festividade. Comezaron asà a deseñar unha festa que recuperase, co maior rigor posÃbel, o feito histórico. Naquel momento Avelino Sierra, experto en historia medieval, era concelleiro de cultura e puxo o seu empeño en restarlle importancia ao feito protocolario ao mesmo tempo que conseguÃa implicar aos veciños na celebración. E conseguiuno deseñando hai unha década, unha festa con catro ingredientes básicos.
"En primeiro lugar, explica Avelino Terra, está baseado nun feito histórico moi investigado e documentado. En segundo lugar, a representación da arribada é no mesmo escenario e cunha réplica exacta do navÃo no que chegou Pinzón da súa xesta colombina. En terceiro lugar, mantemos na festa un rigor histórico e, por último, a participación dun pobo enteiro que se converte en protagonista e que se viste de época".
O seu carácter etnográfico e histórico pretendÃa diferencialo doutras festas medievais como as de Ribadavia ou da Coruña, organizadas máis polo peso do costume, que como conmemoración dun feito histórico real.
Das flores á representación
O resultado foi un cambio espectacular. Dos actos protocolarios, como eran a coroa de flores ante o monumento ao capitán Pinzón rodeados de autoridades, pasouse a unha festa con varios compoñentes básicos e cunha participación cada vez máis multitudinaria.
Por unha banda, está a creación dun mercado medieval. Un espazo encravado no casco histórico baionés para o que o Concello elaborou casetas que os veciños alugan, segundo indica a concelleira de cultura Ana MarÃa RodrÃguez, polo módico prezo de 50 euros. O mercado medieval foi un dos grandes atractivos que gañou a festa, que pasou dun único dÃa de celebración (o primeiro de marzo, data na que se conmemora a efeméride) a catro. E, para recrear o espÃrito medieval, os veciños recordan esa viaxe no tempo, cambiando os vaqueiros por traxes de época, para darlle máis verosimilitude ao acontecemento. E ese mesmo pobo que se viste de época, converteuse tamén en improvisados actores que escenificaban a chegada, nunha obra de teatro redactada para tal efecto.
Na edición deste ano, o concello pretendeu darlle un xiro máis á festa, creando un espazo de debate e reflexión sobre o propio feito histórico. Conxuntamente co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, o IGADI, desenvolveuse unha xornada sobre a transición iberoamericana. Era o primeiro chanzo dunha colaboración que pretende converter a Baiona en referente do diálogo e o estudo das relacións pasadas e futuras, entre os dous continente, o europeo e o americano. Un feito que non pretende subscribirse só ás datas de celebración da Arribada, senón que naceu coa vocación de prolongarse a todo o ano.
"As festas corren o risco de popularizarse e perder a súa significatividade etnográfica en detrimento do apartado máis comercial" afirma Avelino Sierra, que propón a creación dun Padroado independente que sexa o encargado de organizar o evento e que garanta a fidelidade histórica do evento.
Unha historia que une
Baiona irmandouse cunha serie e pobos cos que mantén unha relación histórica a través da "Fundación de Pobos Colombinos". Santa Fé de Granada (onde se produciu a sinatura das Capitulacións de Santa Fé entre os Reis Católicos e Cristóbal Colon, que deu como resultado a viaxe a América), Palos de la Frontera (localidade andaluza desde a que partiron as tres carabelas) e, desde hai dous anos con Rafael Freire (un porto de Cuba, e é o primeiro espazo americano ao que chegan as tres embarcacións logo da súa viaxe).
E os lazos que se establceron entre estas localidades vai máis alá que o simple acto protocolario de presenza nas respectivas celebracións, segundo destacan tanto a actual concelleira de cultura de Baiona, Ana MarÃa RodrÃguez, como o fundador da festa Avelino Sierra. De feito, comparten sinerxÃas de traballo para un maior enriquecemento da festa.
Baiona foi a primeira en incorporar un mercado medieval e unha escenificación teatral do evento, dúas circunstancias que acaban de incorporarse ás celebracións das outras dúas vilas. Nese sentido, Avelino foi o encargado de preparar o texto da representación que se fai en Palos e foi consultado en numerosas ocasións pola organización sobre os traballos desenvolvidos en Baiona e achegalos aos outros pobos.