O vintecatro de febreiro de 1996 nacía Vieiros, un pequeno catálogo que recollía as daquela escasas páxinas galegas que existían en Internet. Oito anos despois a publicación mantense coma un medio de referencia na rede do noso país e continúa na vangarda anovando a linguaxe xornalística e creando un novo xeito de relacionarse co público a través da rede no noso país.
A rede en Galicia foi e en grande medida continúa sendo, este web. Durante anos, ao falar de calquera páxina, a pregunta que se seguía era " e iso pódese encontrar en Vieiros?". A día de hoxe, cando xa a alfabetización dixital se vai xeneralizando, este web continúa a ser a porta de entrada á navegación para moitísima xente. Neste sentido pódese considerar que a intención inicial de Vieiros de ser o barrio galego de Internet, foi sobradamente cumprida. Lois Rodríguez, un dos promotores do proxecto, recoñece que "comezamos case de xeito amateur facendo unha pequena copia do Yahoo", e descubriron que "comezamos a ter máis éxito fóra de Galicia que no propio país, a facernos referencias para os emigrantes", explica. Foron eses mesmo inmigrantes os que solicitaron un servizo de noticias, nun momento no que non había xornais electrónicos. E todo en galego. A grande popularización de Vieiros axudou a que moitas das webs que foron nacendo no país tivesen o galego coma lingua de referncia, apunta Lois. E así foi medrando o proxecto.
Pioneiros
O primeiro chat público feito en Galicia para entrevistar un persoeiro foi en Vieiros, máis concretamente a entrevista a Isaac Díaz Pardo xa no mesmo 1996. Viría despois a normalización deste medio de entrevista, e experiencias literarias coma "Por conto alleo", no que o escritor Camilo Franco escribía historias a partir de palabras e ideas que lle daban os lectores. Ou a información alternativa ofrecida xa cando rachara a ponte das Pías en Ferrol, que supuxo tamén o nacemento das edicións locais de Vieiros. A catástrofe do Prestige consolidou a posición do web como medio de información alternativo, cunha actualización constante e libre de doutrinas oficiais. A posta en marcha das canles temáticas en colaboración con diferentes publicacións e colectivos do país, a invención dunha linguaxe xornalística galega para a rede, a creación da primeira axenda electrónica en Galicia, as primeiras páxinas para seguir en rede as eleccións... A lista de iniciativas virtuais que comezaron en Vieiros é aínda máis longa. Este traballo permitiulle ao medio contar cun público fiel, que participa nas enquisas, nos foros, nos chats e en todas as experiencias interactivas que se propoñen no web ou que os propios usuarios propoñen. Do mesmo xeito, o traballo voluntario co que se manteñen as diferentes edicións locais ou a ampla resposta alcanzada polas iniciativas que aparecen en Vieiros demostran a boa relación que ten Vieiros cos entre oito mil e dez mil visitantes que, segundo os responsábeis do proxecto, se achegan cada día até este recanto da rede.
Privado
Contrariamente ao que estamos afeitos neste país, Vieiros é un produto nacido dunha empresa. Nin traballo voluntario nin apoio público. "En 1996 tíñamos coma empresa a axencia de publicidade Ítem Aga", explica Lois Rodríguez. "Queríamos facer unha comunicación en galego, moderna, e vimos en Internet unha ocasión de facer algo distinto e que se convertese nun grande medio". Co tempo, Vieiros pasou ser unha empresa propia dependente de Acordar, a transformación de Ítem Aga, ante a crise das 'punto com' a finais dos anos noventa. Na actualidade, Lois recoñece que a iniciativa "non é rendíbel en absoluto. Isto funciona coma unha aposta persoal, un investimento que non ten máis volta". Na actualidade manter o web custa case oitenta mil euros cada ano. "Hai cartos que veñen de publicidade, convenios e cousas semellantes" recoñece Lois, mais en xeral "é un investimento que non ten volta" aínda que a empresa nai "obtén intanxíbeis, Acordar aproveita a boa imaxe de vieiros para outro tipo de accións comerciais, e de todas formas, facer Vieiros é o que nos dá sentido e personalidade empresarial".
De barrio a xornal
Apartir deste 24 de febreiro de 2004, Vieiros transfórmase radicalmente. O actual director deste medio, Anxo Quintela, explica que "Nos últimos anos foi un híbrido entre portal e xornal. Agora seguiremos ofrecendo unha web de servizos mais cunha vocación máis informativa". Deste xeito, a etapa que comeza achegará uns contidos informativos máis tendentes á interpretación e á análise, complementados por unha maior presenza de artigos de opinión. Todo arroupado por un deseño que revoluciona o clásico aspecto do web. "Interesa asentarse coma un medio de referencia e ser un medio útil nun espazo de comunicación concreto", explica Lois, "non se trata de buscar un incremento de público". Aínda que as mudanzas comezan hoxe, iranse incorporando novidades aos poucos durante os vindeiros meses. Novas publicacións, ao xeito de "Tempos Novos" ou "Irimia" ou a posta na rede da base de datos completa das noticias que apareceron no portal son só algunhas da modificacións que se poderán ver até o vindeiro verán, momento no que os responsábeis agardan completar o proceso de cambio. Un cambio que todos agardamos continúe sendo para ben e traia máis propostas innovadoras para a rede do país.