Das Pastoras forma tándem con Alejandro Jodorowsky

Un metabarón galego

23/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
20 lecturas | Compartido 0 veces
Os álbumes de Das Pastoras para o mercado francés téñenlle aberto as portas para traballar con Alejandro Jodorosky na “Saga dos Metabaróns”, unha das creacións máis populares do reputado guionista de orixe chilena. O debuxante galego, aficando hai moitos anos en Barcelona, ten xa publicados dous álbumes co guionista Carlos Portela dentro da serie “Os Heresiarcas”. Agora debuxará para Jodorowsky unha historia situada argumentalmente antes do primeiro volume dos Metabaróns, un novo proxecto que se agarda vexa a luz en 2005. Por outra banda, Norma Editorial, responsábel da edición española dos “Heresiarcas”, promete agora para finais de abril desta versión, despois de tela demorado en diversas ocasións.



Máis información en La Opinión, todo sobre Das Pastoras na súa entrevista

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Lugares