O coruñés Diego Bello Pena, gañador do Campionato Galego de Cociñeiros

Primeiro prato

Roastbeef con "canutillos" de patacas recheo de riles, tarta de solombo, galleta de mazá e morcilla é o primeiro prato do menú co que Diego Nello Pena, do Praia Club da Coruña, gañou o premio do Campionato Galego de Cociñeiros. O segundo galardón foi para Manuel Chaves, do restaurante Maud de Sada e o terceiro para Héctor López de Lugo. O certame desenvolveuse onte no hotel Crunia de Culleredo e o único requisito para os participantes era elaborar un menú que tivera tenreira e linguado no primeiro e no segundo prato, respectivamente.

Máis información en El Ideal Gallego