A revista portuguesa Mealibra dedica un número a autores actuais de literatura galega

A literatura cruza a raia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Carlos Quiroga, profesor de lingua galega da USC, foi o encargado da selección dos autores que representan á literatura galega ante os lectores de Mealibra. A revista editada polo Centro Cultural de Viana do Castelo dedica un dos seus números a debuxar o panorama contemporáneo da creación literaria en Galicia a través de vinteseis autores e os seus textos. Na súa selección Quiroga tentou ofrecer representación de todos os xéneros e de autores consagrados e outros menos coñecidos. Esta iniciativa da revista literaria interprétase como outro paso máis da literatura galega cara a conseguir lectores no país veciño.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Castelo, Lingua galega, Galicia Hoxe...

Claves

Entidades