Achegar a lectura a persoas con necesidades educativas especiais é o principal obxectivo de Makakiños, unha nova colección de Kalandraka Editora en colaboración coa Asociación de Tratamiento do Autismo B.A.T.A. Esta é a primeira iniciativa editorial a nivel estatal con estas caracterÃsticas. Os destinatarios especÃficos dos libros son persoas con necesidades de apoio: nenos con parálise cerebral, sÃndrome de Down, trastornos do desenvolvemento ou trastornos da comunicación. A lectura apóiase, ademais do texto e da ilustración, nun sistema de pictogramas baseado nos debuxos e nas cores, denominado SPC (Sistema Pictográfico de Comunicación). AsÃ, os pictogramas referidos a substantivos aparecen enmarcados na cor laranxa, os verbos en verde, os adxectivos en azul, os pronomes en amarelo, etc. As obras “El conejo blanco”, adaptación do texto de Xosé Ballesteros, ilustrado por Óscar Villán, e “La ratita presumida”, a partir do texto de José Antonio López Parreño e ilustrado por Alicia Suárez, son os dous primeiros volumes da colección.
Máis información no noso tema Lectura para todos e no xornal El Progreso