No século XIII o rei Afonso VIII de Galicia e León (Alfonso IX segundo a Historia de España), repoboou as terras do Val de Ellas, ao norte da actual provincia de Mérida e por aquel entón baleiras. Un amplo continxente de galegos instalouse naquel lugar, e aló quedaron. Hoxe, os seus descendentes loitan por conservar a fala que lles deixaron estes afastados antepasados e que continúa viva, e en breve contarán cun centro de estudo propio dedicado a esta variedade do galego que sobrevive en plena Serra de Gata.
Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello son os tres concellos nos que na actualidade se conserva esta variedade o galego. Os seus cinco mil habitantes empregan habitualmente este dialecto, que conserva acusados riscos propios da época medieval, no seu trato diario. O illamento da zona permitiu que se conservasen estas illas do noso idioma nun contorno fundamentalmente castelanfalante. "A fala" é o nome que os habitantes desta zona lle dan á súa variedade do galego, e aÃnda diferencian os dialecto de cada concello, coñecidos coma valverdeiro, lagarteiro e mañego. Non foi até os últimos vinte anos cando se descubriu a relación da fala co galego medieval, despois de que diferentes hipóteses a considerasen unha lingua ponte entre o portugués e o asturiano ou unha variedade do portugués.
O Rexurdimento
O emprego da fala é fundamentalmente oral, aÃnda que xa desde os tempos do franquismo se emprega con normalidade nos carteis das festas e en diferentes anuncios locais, e mesmo se foi impondo na rotulación das rúas. En 1991 a conservación e a difusión da fala sufriu un grande impulso coa creación da asociación Fala i Cultura, que quere conseguir a normalización absoluta da fala nos tres concellos nos que está implantada na actualidade. Neste sentido veu impulsando traballos de recollida de léxico patrimonial, a recuperación de topónimos ou a publicación de revistas coma "A nosa fala" ou "Anduriña". Tamén traballa na introdución do galego como materia optativa nas escolas, onde xa se imparte coma actividade extraescolar grazas ao apoio da Unión Europa. A asociación estabeleceu tamén contactos con distintas institucións galegas, que lle cederon diferente material sobre o noso idioma co que xa se creou algunha pequena biblioteca dedicada a el. Onda a conservación da fala vai tamén a loita por conservar tradicións propias da zona, algunhas delas tan galegas coma o magosto, e un xeito de vida que se ve ameazado pola emigración cara ás cidades.
Orgullo e emprego
Como se pode imaxinar pola teimosÃa con que resiste o galego nesta zona, os habitantes do val están orgullosos del e deféndeno coma unha mostra de identidade. Deste xeito, segundo sinala Henrique Costas, catedrático de filoloxÃa galega e portuguesa da Universidade de Vigo, a práctica totalidade dos habitantes fala e comprende o galego, e o oitenta por cento deles aprendeu o castelán na escola, mentres que o vinte por cento restante chegou a esa lingua pola emigración. Segundo os datos deste filólogo, o oitenta e catro por cento quererÃa que se ensinase a fala na escola, e mesmo estarÃan dispostos a acudir a clases para a aprender correctamente. Demostra este interese que onda as iniciativas colectivas para recuperar a fala, existen no Val das Ellas diversas iniciativas literarias de autores que, do mesmo xeito que no noso Rexurdimento, levan esta lingua á escrita, fundamentalmente a través da poesÃa. É o caso de Domingo Frades, o presidente de Fala i Cultura, ou de Severino López, tenente alcalde das Ellas. Os "Seis sainetes valverdeiros" de Isabel López Lajas mesmo chegaron a ver a luz en Galicia da man de Edicións Positivas.
Apoio institucional
A pesar de que o Estatuto de Estremadura non recoñece a existencia na comunidade doutras linguas para alén do castelán, desde Fala i Cultura non deixan de solicitar apoios ao goberno autonómico para conservar este legado. Deste xeito, queren conseguir a consideración de Ben de Interese Cultural para a fala e que a Junta de Estremadura asuma o custe de pagarlle a un mestre. Para este tipo de iniciativas contan co apoio dos concellos do val, que en 1993 emitiron o "Manifesto dos tres alcaldes" pedindo colaboración do goberno autonómico. A pesar das dificultades, o pasado mes de xaneiro coñecÃase un paso decisivo para o galego desta zona. A Junta cedeulle ao concello de San MartÃn de Trebello un antigo convento do século XV que se rehabilitará e servirá en boa parte como sede da asociación Fala i Cultura. Este lugar albergará un centro de documentación, estudo e investigación da Fala, asà coma un museo temático dedicado ao xeito de vida desta comunidade galegofalante. Desde este futuro centro tamén se organizarán intercambios culturais con estudantes universitarios e de secundaria, coma os que se viñan desenvolvendo a finais dos anos noventa e que esmoreceron pola falta de apoios. Entre os proxectos para continuar coa recuperación do idioma a partir deste novo centro está a reedición da revista "A nosa fala".