Representantes de varias organización reúnense para facer un seguimento do estado do Plan Xeral de Normalización Lingüística

Seguindo o plan

5/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Representantes da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, do sindicato CIG-Ensino e da Mesa pola Normalización Lingüística reúnense hoxe en Compostela para analizar o estado no que se atopa a elaboración do Plan Xeral de Normalización Lingüística. Desde o anuncio deste plan por parte da Xunta hai xa dous anos non houbo noticias sobre avances na súa elaboración. As organizacións que convocaron a xuntanza sinalan que se sabe que polo menos algunhas das comisións de apoio creadas para desenvolver o plan avanzaron moito no seu traballo.

Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Vieiros, Galicia Hoxe, CIG...