O tándem Patricia Ferreira e Continental comeza a traballar nun novo proxecto. Trátase da longametraxe "Para que non me esquezas" que protagoniza Fernando Fernán Gómez, Emma Vilarasau, Marta Etura, Roger Coma, VÃctor Mosqueira e Mónica GarcÃa. A terceira longametraxe de Ferreira conta a historia dun mozo –David- que garda os recordos do seu avó e ao que vai axudando a recuperar as lagoas da súa memoria sobre a Guerra Civil, e o impacto do seu contorno cando David morre nun accidente. A rodaxe, que comezou o luns en Madrid, durará oito semanas e trasladarase en breve á Coruña.
Máis información no web de
Continental