Biblos amplía a súa oferta na rede e publicará un sainete inédito de Francisco Taxes

Biblos vai máis aló

Cando leva menos dun ano de vida o Biblos Clube consolida a súa presenza e desenvolve máis a súa páxina web que ven de dar un paso moi importante para facilitar aos socios o acceso ao fondo de libros e posibilitando que os pedidos teñan tamén esa canle informática de compra. Alén diso o club puxo en marcha unha iniciativa de homenaxear ao dramaturgo Francisco Taxes cun acto que terá lugar na Coruña o vindeiro 19 de febreiro, primeiro cabodano da súa morte, no Teatro Rosalía coa representación do sainete "Casta i Albito" que proximamente publicará o Biblos na súa colección Mandaio e que até agora permanecía inédito.

Máis información no web de Biblos Clube