O vindeiro día 12 celébrase en Lalín a Gala do Cocido, e ese día catro xornalistas subirán a recoller os premios da décima edición de periodismo gastronómico Álvaro Cunqueiro. Na categoría de medios galegos Lois Caiero foi galardoado por "O xantar da memoria" un volume editado por Lea e que recolle os seus artigos publicados en O Correo galego. No apartado de medios nacionais Enrique Arias Vega recibirá 3.000 euros polo seu artigo "O legado de Cunqueiro" que publicou Metro Directe de Barcelona. Os 1.500 euros do traballo difundido en radio e televisión foi para Jacobo Pérez Paz polo programa "Bo proveito....con Xacobe" emitido pola TVG. E completa a nómina de premiados, Miguel Vila Pernas na categoría de publicacións polo libro "Caldeirada para dous (mortos)" dotado con 1.500 euros.
Máis información no web do
Concello de Lalín