O sector audiovisual reúnese nun Congreso en decembro para perfilar o seu futuro

Congreso 2.0

29/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
En 1994 todos os axentes implicados no sector audiovisual xuntáronse para comentar as súas experiencias. Dez anos despois, o sector adquiriu xa unha certa madurez e aproveitando esa conxuntura a Academia Galega do Audiovisual, acollendo unha proposta do Consorcio, acaba de anunciar a celebración do II Congreso Galego do Audiovisual. A cita será en Compostela do 9 ao 11 de decembro. O principal obxectivo desta cita é o de deseñar, concretar os camiños que han de contribuír a consolidar o sector, é dicir, definir qué papel han de desempeñar no tecido social e industrial galegos, así como a súa proxección ao exterior.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Academia

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, La Voz de Galicia, Santiago de Compostela