O Consorcio e o Clúster desenvolven dúas xornadas para fomentar a produción e a externacionalización dos produtos galegos

Facendo amigos

5/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Clúster por unha banda e o Consorcio pola outra acaban de organizar dúas xornadas para fortalecer o sector audiovisual galego. O Clúster convoca o vindeiro 14 de decembro na Coruña a todos os que conforman o tecido audiovisual co obxectivo de poñelos en contacto e se poidan materializar os proxectos. E máis cedo, o vindeiro 15 e 16 deste mes en Santiago, o Consorcio desenvolverá o seminario "Mercado exterior do cine español" . Alí se pretenden estudar as tácticas de venda das principais produtoras, ver o papel que xoga a prensa especializada e os axentes de venta. Ao final deste mesmo marco presentarase o Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego.

Máis información sobre o Clúster e o Consorcio nas súas fichas

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, AVG, Cine, A Coruña...