¿É precisa unha segunda canle de TVG? Esta é a pregunta á que polÃticos, directores do ente público, produtores, investigadores, estudosos e público en xeral pretenderon responder a semana pasada en Vigo nunha cita convocada pola Academia Galega do Audiovisual. Unha iniciativa que desempoa un vello proxecto acariñado hai máis de dez anos ante a nova situación do audiovisual, as experiencias aprendidas doutras televisións autonómicas, e a consideración, por lei, de que é un sector estratéxico.
"Unha segunda canle na TVG é necesaria para reforzar máis a autoestima como paÃs e para ofrecer máis plataformas de proxección da produción que se fai en Galicia". Esta é a conclusión que remitiu a Academia Galega do Audiovisual nunha nota de prensa logo da celebración do foro de debate que se celebrou en Vigo a semana pasada.
¿Por que o debate?
Manolo Gómez, presidente da Academia coidaba que era o momento porque "tras ano e medio de vida, a Academia pretendÃa cumprir co seu cometido de ser o punto de encontro dos diferentes sectores. E, neste caso, o único que fixo foi darlle entrada a unha demanda da maior parte dos socios para poder facer un debate no que se recollesen todas as posturas". E asà se fixo. No Centro Social de Caixanova en Vigo montouse un foro con dúas partes: unha primeira para explicar a postura das experiencias da creación e mantenemento das segundas canles e as posturas nos debates afrontados en cada momento e logo, sentou na mesma mesa a unha representación dos axentes implicados para coñecer a súa opinión.
O pulso
AÃnda que houbo disparidade de opinións, o que quedou claro foi que o sector audiovisual é estratéxico para a construción dun concepto identitario. O debate quedou polarizado entre dúas opinións: os que consideraban quen non era o momento para a creación desa segunda canle, entre os que estaban Carlos Carballo, director de programas da TVG e o representante do Partido Popular e membro do Consello de Administración da CRTVG, José LuÃs Iravedra. Son os que consideraron que non existÃa demanda, que non era viábel economicamente e que non se daban as condicións tecnolóxicas óptimas para poder desenvolvelo; e da outra banda estaba o resto do sectores (desde os outros grupos polÃticos até o público) que consideraban que serÃa un bo momento para que desde o goberno actuase para potenciar o sector considerado estratéxico por lei. De feito, na nota de prensa da Academia recóllese unha reflexión que se fixo pública no foro e que di que "se o goberno autonómico recoñece que o audiovisual galego é un sector estratéxico e prioritario onde está a actuación que o confirma?".
Neste sentido, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Ignacio Otero coida que "a idea é esperar a ver cómo se estabelecen as condicións normativas (estase a debater a lei do audiovisual estatal) e de mercado coa posta en marcha das diferentes iniciativas (televisión privada autonómica, televisión por cabo, televisión por satélite, televisións locais...), para unha vez estabilizado o panorama valorar pór en marcha esa segunda canle".
Agora ben, o punto no que coinciden todas as partes implicadas é en recoñecer que o actual modelo de televisión autonómica é deficitario e que cómpre unha redefinición do papel que xogan as televisións públicas. Para Manolo Gómez, o que se fala é do "reto de normalizar o sector, un feito fundamental porque ninguén pode negar a influencia dos medios de comunicación".
Neste sentido Xosé López, coordinador da Sección de Comunicación e director do Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) quixo deixar claro que o propio CCG se ofrece como lugar para reflexionar e definir o modelo dos medios públicos da comunidade. Pero non é unha reflexión nova, porque tal e como recorda Xosé que "na metade da década dos noventa cando a dixitalización comezou a afectar ao deseño dos medios de comunicación, desde a sección propúxose unha reestruturación dos medios públicos, que de acordo coa etapa dixital coa que estamos, deseñe o número de canles que se considera que debe ter unha tv pública. E logo, en función do PIB e da achega dos presupostos se fale de cantos cartos se pode e cantos cartos se van ter. Cremos que o tema do modelo debe alcanzar un grande consenso social"
Recuperando unha vella idea
Foi precisamente a Comisión de Comunicación do CCG presidida a principios dos noventa por Manolo Rivas quen elaborou un informe que o PSG-EG levaron á Comisión Primeira do Parlamento sobre a creación dunha segunda canle. O voto negativo do Partido Popular foi xustificado na Comisión Parlamentaria por Xerardo Conde Roa baseándose nas "limitacións de orzamento que non permiten cubrir as necesidades actuais, canto máis para crea unha segunda canle".
A proposta que se fixo no 92 era unha segunda canle que contemplaba unha alternativa mixta que unÃa a posibilidade de diversificar a programación da televisión galega coa demanda existente de televisión local, convertendo a unha segunda canle nunha federación de televisións locais en principio de carácter municipal, cunha parte común de programación e cun horario de desconexión. A parte técnica fora estudada naquel momento polo enxeñeiro e escritor Xavier Alcalá que presentara un proxecto que aproveitaba a implantación xeneralizada de emisoras locais que conducirÃan o sinal por cabo e non por éter, aÃnda que iso beneficiase máis ás grandes cidades e que se apoiarÃa na rede de difusión que xa tiña a TVG.
Os seguintes pasos
Até o momento o primeiro paso está dado. Feito o debate e expostas as diferentes posturas cómpre seguir traballando nesta dirección. A Academia, segundo asegura Manolo Gómez seguirá facéndoo "solicitando informes sobre a nova situación tecnolóxica, sobre as industrias culturais e sobre o marco de televisión". E todos eses traballos darán lugar a unha publicación que incluirá tamén a transcrición das mesas de debate asà como un histórico con todas as experiencias previas.