Hoxe cúmprense 198 anos da morte de José Cornide, ilustrado coruñés

Cornide ilustrado

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Hai 198 anos moría José Cornide, destacado estudioso que durante o século XVIII se dedicou ó estudio de disciplinas coma a Economía, a Historia, a Lingua, as Ciencias Naturais, a Xeografía e a Cartografía entre outras, valorando sempre Galicia nos seus traballos.

Desde a Ilustración


José Cornide naceu en 1734 na rúa das Damas da Coruña nunha familia fidalga. Desde a súa mocidade comezou a participar na vida cultural da cidade. A súa educación regrada desenvolveuse no Colexio San Francisco Xavier, daquela controlado polos xesuítas. Alí instruíuse en Filosofía, Teoloxía e Moral, sendo o resto da súa formación practicamente autodidacta. As súas investigacións centráronse maioritariamente en Galicia e foi un dos primeiros ilustrados que sinalaron a singularidade cultural de Galicia.



Cargos e obras



Entre os cargos de desempeñou na súa vida está o de rexedor da Coruña, fundador da Sociedade Económica de Santiago, fundador da Academia de Agricultura de Galicia e secretario perpetudo da Real Academia da Historia entre outros. Entre as súas obras destaca o "Ensayo para una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia" ou "Viaje desde Coruña a la corte". Ademais realizou numerosos mapas e poemas e un estudio sobre a Torre de Hércules que aínda hoxe ten vixencia.



O legado


O legado de Cornide chegou ata os nosos días na forma do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, fundado en 1964 por un grupo de intelectuais da cidade e que se dedica ó estudio de diversas disciplinas. Desde esta entidade sinálase a figura de Cornide como "un dos ilustrados máis destacados de toda Galicia e de España". No Instituto teñen participados persoeiros tan importantes coma Salvador de Madariaga ou Víctor Seoane, que cederon o seu legado a esta institución.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Xeografía, Economía, Torre...