Kalandraka presenta a súa colección de libros para nenos autistas

Libros con símbolos

27/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
19 lecturas | Compartido 0 veces
””O coelliño branco” e “A ratiña presumida” son os dous primeiros títulos da nova colección que lanza Kalandraka. A peculiaridade destes textos é que están adaptados para seren lidos por nenos con autismo a través de pictogramas específicos, o que converte este novo lanzamento nunha iniciativa única en España. A comezos de febreiro poderán adquirirse estes títulos, aos que seguirán outros coma “Os tres porquiños”.

Máis información no Diario de Pontevedra e no noso tema sobre libros para persoas con discapacidades


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares