¿Quen non tivo nunca ganas de tocar as obras de arte que expoñen os museos? Agora é posíbel sen que o garda de seguridade nos chame a atención. Pero só até o 29 de febreiro, data na que fecha a instalación se exhibe no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Un proxecto que non é máis que a punta do iceberg dunha idea que se desenvolve entre seis museos de toda Europa e que se chama "Museum of Pure form".
A revolución das chamadas novas tecnoloxías non foi allea á arte, creando numerosos cambios que afectaron ás diferentes partes do proceso creativo: produción (coa proliferación das videocreacións, vídeoinstalacións...), exposición (máis frecuentes na forma de museos virtuais), fruición e percepción da obra de arte. Neste último punto é no que incide o proxecto do "Museum of Pure form"( MPF), unha iniciativa que comezou a xestarse hai tres anos no laboratorio da Scuola Superiore Sant'Anna en Pisa. Alí, un equipo de científicos e psicólogos comezaron a adentrarse nas posibilidades da realidade virtual e as súas aplicacións ao mundo da arte. O que se pretendía era, a partir dos sistemas de tecnoloxía 3D, dixitalizar diferentes esculturas e que o espectador poida interactuar coas esculturas. Non só ver, senón tamén tocar as obras a través de interfaces tecnolóxicas como prótesis electro-mecánicas, brazos articulados exoesqueletos-, internet, robots...
A esta forma de participación do espectador coa obra de arte chámaselle percepción háptica (concepto que vén do grego "haptershai" e que significa tocar) e é un dos obxectivos analizados neste proxecto. É dicir, instalacións como a que se desenvolven no CGAC pretenden, desde o punto de vista da psicoloxía cognitiva, analizar a reacción do espectador no momento no que este ve e palpa as obras de arte.
Os museos do museo
Á iniciativa italiana sumáronselle enseguida numerosos adeptos de toda Europa: o Centro Galego de Arte Contemporánea desde Santiago, o University College de Londres, 3D ScannersKtd. Convertry británico, o sueco Uppsala University e, desde Pisa, o Pontedera & Tecnologia e o Museo dell´Opera del Duomo. Aínda que este foi o consorcio museístico coordinador do proxecto hai outros museos asociados como son o The National Museum of Liverpool, the Conservation Center; National Museum of Fine Arts de Estocolmo e o The Petrie Museum of Egyptian Archaeology. A achega de cada museo consiste en ofrecer varias obras de arte da súa propia colección para que fosen dixitalizados e crear así unha galería virtual.
Entre todos os museos ofrecen esculturas medievais e contemporáneas procedentes dos diferentes museos. Unha elección que non é nada causal xa que permite ofrecer unha perspectiva histórica ampla de como se fixo a obra de arte, das súas texturas e pode ser empregada, segundo reza no web do MPF "para unha mellor fruición das obras de arte pertencente aos diferentes períodos da historia da arte".
O CGAG en forma pura
O Centro Galego de Arte Contemporánea escolleu do seu fondo dúas obras de Xavier Toubes (A Coruña, 1947) e unha de Stephan Balkenhol (Alemaña, 1957) para formar parte da galería do "Museum of Pure form" que hoxe conta cunha vintena de pezas. Deste xeito, explican desde o CGAC "pretendíase ofrecer unha representación da nosa colección, con dúas pezas doadas de escanear e de diferentes materiais, unha de cerámica e outra de madeira".
O proceso
Os dous primeiros anos do proxecto estiveron centrados na creación do prototipo que permite a dixitalización das obras. O que se pretendía era ter unha galería de modelos dixitais de esculturas e formas de arte, onde cada unha delas tiña cadanseu modelo dixital háptico, así como unha ficha que describía a historia e outros datos como a súa orixe, o lugar de procedencia ou a historia. Agora, no terceiro ano do proxecto, o que se pretende é analizar como responde o público na súa interacción háptica coas copias dixitais .
Até o 29 de febreiro os venres, sábados e domingos, os visitantes poden formar parte dese proxecto. A instalación consiste nunha pantalla de retroproxección na que inciden haces de luz polarizada. Con só porse unhas gafas, os diferentes espectadores poder percibir o volume dos obxectos, de tal xeito que parece que flotan nun espazo de tres dimensións diante da pantalla. Alén diso, co exoesqueleto no brazo é posíbel palpar as formas das esculturas dixitalizadas. Unha vez probado o sistema, o espectador deberá preencher un formulario no que comentar a reacción ante esta nova forma de ver e tocar a arte.