Víctor López é o novo director da Feira de Teatro de Galicia 2004

O teatro debe continuar

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Feira de Teatro de Galicia terá neste ano Xacobeo un novo director. Trátase de Víctor López Carbajales, que vén a substituír a Rubén García, que estivo organizando o evento durante nove anos. O cambio chega á palestra lodo de que Rubén García denunciase a situación como unha "caza de bruxas" pola súa vinculación con Nunca Máis, algo que negou o xerente de o Igaem, Xosé Manuel Soto, ao puntualizar que non é un cargo vitalicio e que, en ningún caso, ninguén cuestiona a súa profesionalidade. E nese cambio de dirección na Feira, que é un mercado no que ofertar produtos que merquen os programadores, haberá un novo salón do libro teatral e novos foros de debate para buscar solucións á problemática do sector. Víctor López foi coordinador do servizo pedagóxico do CDG para "A comedia do Gurgullo", técnico de cultura e programador de teatro en Ferrol desde o 2002.

Máis información en Galicia Hoxe e sobre a Feira de Teatro no noso tema

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Feira, Víctor López, Ano Xacobeo...